Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/548-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Virxe do Camiño II.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-56 de 14,5 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. existente Rebordáns-Virxe do Camiño e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV/400 V, situado no lugar de Virxe do Camiño, Rebordáns, no concello de Tui. R.B.T. aérea con conductor R.Z. de 250 m de lonxitude e orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra