Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/570-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Faustino Santalices.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 48 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. subterránea MUR808 entre os CC.TT. edificio Daniel e rúa San Mauro e remate na mesma unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado na rúa Faustino Santalices de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra