Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de modificado do Parque Eólico Touriñán IV. (Expediente IN661A 99/26).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 302/2001, do 25 de outubro (DOG nº 235) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de modificado do parque eólico de Touriñán IV, aprobado por resolución da Dirección Xeral de Industria con data do 18-7-2003:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Lugar de Ruibó, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: Parque Eólico Touriñán IV.

Municipios afectados: Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 24,65 MW.

Descricións técnicas:

-29 aeroxeradores de 850 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 52 m de diámetro.

-29 transformadores 900 kVA de potencia unitaria e tensións de 0,69/20 kV.

-Subestación de transformación de 20/66 kV equipada con transformador de 32 MVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña