Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00052-I-2003 e oito máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta

cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.K.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00052-I-2003

C-0937-BH

3325183846L145100493

Transportes Golanpor, S.L.

Urbanización Os Tilos, 12-A

15886 Teo (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (formigón) co vehículo matrícula C-0937-BH (vehículo ríxido de 4 eixes), que carece de autorización de transportes (tarxeta), o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 36.000 kg e presenta un peso total en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1688 e 1694, de 41.200 kg, o que supon realizar transporte cun exceso de peso de 5.200 kg, que representa un 14% de exceso sobre a MMA do vehículo.

28-1-2003; 11.51; N-550; 59

Art. 200.3º R.D. 1211/1990

art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

2.400 euros

LU-00732-O-2003

PO-9638-Z

G.C. de Tráfico

Gesruber, S.A.

Reconquista, 11

36201 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías sen autorización. Transporta unha bovina de 12.378 kg de peso segundo albará 1056-03.

6-4-2003; 20.20.46; N-540; 46.500

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

OU-00063-O-2003

PO-4353-BG

G.C. de Tráfico

Tomás Ocampo Besada

Soutelo Mallón, 1

36473 Salceda de Caselas

(Pontevedra)

Circular transportando productos conxelados carecendo da autorización administrativa de transportes. Leva distintivos de ámbito nacional fondo vermello.

7-11-2003; 11.50; A-52; 181

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

OU-00231-O-2003

PO-7560-AG

G.C. de Tráfico

Transportes Eumaluzan, S.L.

Doutor Corbal, 173

36207 Vigo (Pontevedra)

Circular co vehículo citado realizando un transporte de bacallao, incumprindo as interrupcións á conducción segundo se observa no disco diagrama. Conduce de forma ininterrompida durante 6 h e 20 min. desde as 14.40 h do día 11-12-2002 ata as 21.00 h do mesmo día

3-12-2002; 5.00; A-52; 202

R(CE) 3820/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

OU-00452-O-2003

P-1670-BBK

G.C. de Tráfico

Covitrans Euro Express, S.L.

Avda. Beiramar, 171

36208 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando 7.000 kg aprox. de conservas, carecendo de autorización administrativa (tarxeta de transportes). Leva distintivos de ámbito nacional, servicio público.

5-2-2003; 01.50; A-52; 217

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro), art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

3.000 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.K.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-03292-O-2002

PO-1281-AZ

G.C. de Tráfico

Manuel Victorio Durán Pérez

Polg. Cotogrande

R/ Becerreira, 233

36318 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando productos alimentación (froitas e verduras) leva en lugar ben visible do exterior do vehículo (ámbolos laterais e parte posterior) distintivos MDP-N, carecendo de autorizacion administrativa de transporte. Presenta solicitude de tarxeta de data 8-8-2002 a nome de Transinas, S.L. CIF: B-36885135 con domicilio en Cotiño 135 de Mos presentada por Manuel Vitorio Durán Pérez, nela consta por cambio de vehículo con tarxeta nº 02454772 MDP-C correspondente ó vehículo PO-0189-BC figurando en baixa por suspensión temporal. Servicio público.

31-8-2002; 4.10; N-550; 138,500

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/19901.500 euros

PO-03472-O-2002

PO-1955-BT

G.C. de Tráfico

Inst. Artísticas Manolo, S.L.

Barco-Nogueira, s/n

36867 Ponteareas (Pontevedra)

Circular co vehículo citado transportando unha carga de ferros para carpas e caballetes sobresaíndo polos dous laterais os ditos ferros (0,50 m por cada lateral) (altura 4,15 m) e parte dos ferros que sobresaen posteriormente non van suxeitos producindo danos a un camión estacionado cos ferros que sobresaen pola parte lateral dereita. Non caída de carga. Servicio privado.

26-9-2002; 18.30; N-556; 7.000

Art. 197 b) R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/19901.390 euros

PO-03808-O-2002

2231-BZM

G.C. de Tráfico

Galaica Portes, S.L.

San Cristobal, K-489-5

27163 O Corgo (Lugo)

Realizar un transporte de formigón fóra do ámbito da autorización. Distancia da residencia da autorización ó lugar de control, 150 km. Servicio público.

4-10-2002; 12.00; N-556; 7

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 200.3º R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

PO-04415-O-2002

C-6668-BB

G.C. de Tráfico

Guillermo Sanmartín, S.L.

María Pita, 28

15320 As Pontes de García

Rguez. (A Coruña)

Circular transportando materiais de construcción (paneis de encofrar), non acreditando o conductor a relación laboral coa empresa titular da tarxeta de transportes. En oficio nº 265 do 13-1-2003 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Da documentación achegada en data 5-2-2003 non xustifica tal relación laboral polo que este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización.

21-11-2002; 16.50; N-525; 305

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros