Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de outubro de 2003 pola que se modifica a do 7 de outubro de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro, pola que se convoca certame de premios ó deseño de páxinas web, ó desenvolvemento de materiais educativos curriculares en contorno web e a galerías de imaxes neste contorno, dentro do proxecto Siega.

A Orde do 7 de outubro de 2003 establecía determinadas contías para os premios das diversas modalidades do certame convocado.

Entendéndose conveniente a ampliación destes premios e existindo consignación orzamentaria para levala a cabo,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modifícase o punto oitavo da Orde do 7 de outubro de 2003, que pasa a te-la seguinte redacción:

* Contía dos premios e forma de pagamento.

Os premios que se poderán outorgar e a súa contía serán os seguintes:

Modalidade A.

-Equipos de profesorado de escolas de educación infantil, centros rurais agrupados, centros de educación primaria, centros de educación infantil e primaria e centros públicos integrados.

a) Un primeiro premio de 3.000 A.

b) Un segundo premio de 2.500 A.

c) Un terceiro premio de 2.000 A.

d) Un cuarto premio de 1.500 A.

e) Un quinto premio de 1.000 A.

f) Vintecinco accésits cunha contía de 450 A cada un.

-Equipos de profesorado do resto dos centros educativos de ensinanzas non universitarias.

a) Un primeiro premio de 3.000 A.

b) Un segundo premio de 2.500 A.

c) Un terceiro premio de 2.000 A.

d) Un cuarto premio de 1.500 A.

e) Un quinto premio de 1.000 A.

f) Quince accésits cunha contía de 450 A cada un.

Modalidade B.

-Educación infantil e primaria.

a) Un primeiro premio de 4.500 A.

b) Un segundo premio de 3.000 A.

c) Un terceiro premio de 2.000 A.

d) Un cuarto premio de 1.500 A.

e) Un quinto premio de 1.000 A.

f) Dezasete accésits dunha contía de 600 A cada un.

-Ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

a) Un primeiro premio de 4.500 A.

b) Un segundo premio de 3.000 A.

c) Un terceiro premio de 2.000 A.

d) Un cuarto premio de 1.500 A.

e) Un quinto premio de 1.000 A.

f) Catro accésits dunha contía de 600 A cada un.

-Ciclos formativos e outras ensinanzas.

a) Un primeiro premio de 4.500 A.

b) Un segundo premio de 3.000 A.

c) Un terceiro premio de 2.000 A.

d) Un cuarto premio de 1.300 A.

e) Un quinto premio de 1.000 A.

f) Catro accésits dunha contía de 600 A cada un.

Modalidade C.

-Profesorado e/ou alumnado de escolas de educación infantil, centros rurais agrupados, centros de educación primaria, centros de educación infantil e primaria e centros públicos integrados.

a) Un primeiro premio de 600 A.

b) Un segundo premio de 400 A.

c) Un terceiro premio de 250 A.

d) Vintedous accésits cunha contía de 150 A cada un.

-Profesorado e/ou alumnado do resto dos centros educativos de ensino non universitario.

a) Un primeiro premio de 600 A.

b) Un segundo premio de 400 A.

c) Un terceiro premio de 250 A.

d) Dez accésits cunha contía de 150 A cada un.

Os premios concedidos serán incompatibles con calquera outro tipo de premio, mención ou axuda económica da índole que sexa á que puidesen opta-los proxectos presentados.

O pagamento do importe correspondente ós premios farase por transferencia bancaria a nome do autor ou autora se o traballo é individual. No caso de que o traballo sexa colectivo, establecerase na solicitude se o pagamento se fará ó coordinador ou a tódolos integrantes do grupo, tendo en conta qué porcentaxe se distribuirá dentro deste.

Segundo.-Recurso.

Contra esta orde poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo prevé a Ley 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta convocatoria entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria