Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de outubro de 2003 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado System de Ourense, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Examinado o expediente presentado por José Manuel Muiños Núñez, no que solicita autorización

para a apertura e funcionamento do centro privado System de Ourense, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá e administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 296/1999 (DOG 18-11-1999) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros

docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado System de Ourense, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá e administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: r/ Cardenal Quevedo, 23 baixo.

Código do centro: 32020719.

Denominación: Centro privado System.

Titular: Astor Media C.B.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: informática.

Quenda de mañá: 1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite: 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).