Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de setembro de 2003 pola que se conceden as axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 192, do venres 3 de outubro de 2003, no anexo II, páxina 12.373, cómpre face-las seguintes correccións:

-Incluír como suplente número 3 na lista de suplentes a Blanco Camba, Pilar; NIF 34973045G, a continuación de Oruña Concha, María José, e diante de Villar Quinteiro, Rosa María, polo que tódolos suplentes que están a continuación dela na lista atrasan un posto.

-Incluír como suplente número 16 na lista de suplentes a González Salgado, Diego; NIF 34981804T, a continuación de Pérez Vázquez, Mª Consuelo, e diante de Peña Vázquez, Elena María, polo que tódolos suplentes que están a continuación dela na lista atrasan outro posto.

A lista de suplentes queda formada por un total de 40 suplentes.