Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, sobre as constitucións e modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Política Agroalimentaria, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación O Louro SAT nº 1212 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Alvare-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 600 A; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Barbas SAT nº 1213 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilaoudriz-A Pontenova (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 900 A; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Terras do Neira SAT nº 1214 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Neira, nº 1, O Páramo (Lugo); obxecto social: explotación agrícola-gandeira; capital social: 486.900 A; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación O Cobo SAT nº 1215 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Valboa-Trabada (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 108.400 A; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Freita SAT nº 1216 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilacova-Bugallido-Negreira (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 115.389 A; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa de Xuana SAT nº 1217 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Casal do Mato-Bugallido-Negreira (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 111.750 A; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Catro Camiños SAT nº 1218 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Matodoso, nº 38-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 1.000 A; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Queitano SAT nº 1219 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Bascuas-Montecubeiro-Castroverde (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 900 A; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Privar SAT nº 1190 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 31 de marzo de 2003, acordan por unanimidade aumenta-lo capital social en 224.004,72 A, pasando de 2.404 A en 400 xustificantes nominativos de 6,01 A, a un definitivo capital social de 226.408,72 A, en 37.672 xustificantes de 6,01 A, participado por cada un dos socios en 9.418 xustificantes de 6,01.

A Sociedade Agraria de Transformación Cabarqués SAT nº 1025 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xaneiro de 2003, acordan:

1º Dar de baixa un socio e de alta tres socios, producíndose un aumento de capital social de 190.276,60 A, pasando de 143.879,40 A a un definitivo capital social de 334.156 A, en 5.560 xustificantes nominativos de 60,10 cada un.

2º Elección de xunta rectora que integran: Fernando Gómez Oliveros, presidente; Ana Mª Carballo y Carballeda, secretaria; Rubén Alonso Fernández, vocal-tesoureiro; Javier Alonso Fernández e Rosa Fernández García, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Uceira SAT nº 466, na asemblea xeral do 5 de xullo de 2003, acordan, por unanimidade, elixir nova xunta rectora integrada por Marcelino Neira González, presidente; Ángel Rodríguez Álvarez, secretario; Manuel Rodríguez Pardo, vocal-tesoureiro; Manuel García Paradela e Manuel Rivas Farelo, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Pena-Bamela SAT nº 931 XUGA, na asemblea xeral do 15 de marzo de 2003, acordan:

1º Alta da socia María Soledad Barreiro Barreiro, producíndose un aumento de capital social de 1.803,0363 A, pasando de 5.409,10 A a un definitivo capital social de 7.212,15 A en 4 xustificantes nominativos de 1.803,0363 A, cada un deles.

2º Elixen nova xunta rectora integrada por Andrés Pena Suárez, presidente; César Pena Suárez, secretario; Concepción Vázquez Souto e María Soledad Barreiro Barreiro, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Mundín SAT nº 1211 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 20 de xullo de 2003, acordan aumenta-lo capital social coa participación do socio, Alberto Ramallal Rascado de 1.050 xustificantes nominativos, de 10.500 A, pasando de 100.000 A a un definitivo capital social de 110.500 A en 11.050 xustificantes de 10 A cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación A Campiña SAT nº 726 XUGA, na asemblea xeral do 13 de marzo de 2003, acordan por unanimidade, a admi

sión dun socio, José Manuel López González, producíndose un aumento de capital social, pasando de 111.786 A, a un definitivo capital social de 149.048 A en 248 xustificantes nominativos de 601 A, cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Rodríguez SAT nº 952 XUGA, na asemblea xeral do 14 de marzo de 2003, acordan por unanimidade a elección da xunta rectora integrada por Rafael Rodríguez Manteiga, presidente; María Marzoa Otero, secretaria e José Antonio Rodríguez Marzoa, vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Canedo SAT nº 1096 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xaneiro de 2003, acordan por unanimidade:

1º Alta dun socio, producíndose un aumento de capital social, pasando de 250.622,05 A a un definitivo capital de 286.682,77 A, en 477 xustificantes nominativos de 601,01 A.

2º Renovación da xunta rectora integrada por Manuel Carro Álvarez, presidente; José Luis Carro Veiras, secretario e Dolores Veiras Sánchez, vocal.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias

e Promoción Agroalimentaria