Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Riotorto-Bardaio de Cores (Ponteceso-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria de Riotorto-Bardaio de Cores (Ponteceso-A Coruña) o seguinte:

Primeiro.-Con data do 24 de xullo de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Riotorto-Bardaio de Cores (Ponteceso-A Coruña), que estará exposto ó público no Concello de Ponteceso, de conformidade co que determine a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Segundo.-Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense ós predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro.-Contra o devandito acordo, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó da súa notificación persoal ou publicación substitutiva.

A Coruña, 9 de setembro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña