Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador SAN-PO-84/2003-BA.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos e que se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Xurídico, sito na rúa Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 26 de setembro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-84/2003-BA.

Denunciado: Manuel Cora Bustelo.

Feito denunciado: posuír 4 reses bovinas, atopándose a corte en deficientes condicións sanitarias.

Data do acordo de incoación: 24-6-2003.

Alegacións á incoacción: 24-7-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 3 do Real decreto 348/2000, do 10 de marzo.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 600 euros.