Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado, tramitados baixo o número 147/2003, por instancia de Paula Ríos Villares, contra Óscar Seoane López sobre salarios, dictouse a seguinte:
«Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 26 de setembro de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 147/2003, seguidos por instancia de Paula Ríos Villares, maior de idade, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra Óscar Seoane López e o fondo de garantía salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.
Seguen feitos e fundamentos de dereito.
Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Paula Ríos Villares contra Óscar López Seoane, condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 3.596 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10% de xuros.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603-147.03, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.
E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na 0030-6349-0000-5603-65-147-03 da citada conta e expediente.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 26 de setembro de 2003.
Jaime Balado Yáñez
Secretario xudicial