Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (455/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado, tramitados baixo o número 455/2003, por instancia de Pablo Valiño Bouzas, contra S.U.C. Noroeste Servicios, S.L., sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 26 de setembro de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 455/2003, seguidos por instancia de Pablo Valiño Bouzas, maior de idade, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra a empresa S.U.C. Noroeste Servicios, S.L. que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Pablo Valiño Bouzas contra S.U.C. Noroeste Servicios, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 2.456,81 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10% de xuros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta

sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603-60-455-03, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito en especial para recorrer na conta 0030-6349-0000-5603-65-455-03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 26 de setembro de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial