Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.295

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas de profesorado desta universidade, convocadas por Resolución do 5 de novembro de 2001.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, unha vez designados os presidentes e os vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Coordinación Universitaria os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han resolve-los concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade que se relacionan no anexo, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 2001 (BOE do 26 de novembro).

Estas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade de Vigo, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 1 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 73/2001.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Comisión titular:

Presidente: Antonio Sousa Alonso, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: María del Pilar Rodríguez Seoane, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

M. Jesús González Garmendia, catedrática de universidade. Universidade do País Vasco.

Ana Carmen Albéniz Jiménez, profesora titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Lourdes Perello Gandía, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Comisión suplente:

Presidente: Jaime Romero López-Grado, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Jesús Antonio Castro Fojo, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Cristóbal Valenzuela Calahorro, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Francisco Martín Labajos, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Hermas Rafael Jiménez García, profesor titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).