Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do edificio Sarmiento.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 15.255.405,76 E, IVE incluído.

Clasificación empresarial: grupo C, todos os subgrupos, categoría f, e grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: ata as 13 horas do día 9 de decembro de 2003, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10 horas do día 12 de decembro de 2003.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 16 de outubro de 2003.

Rafael Louzán Abal

Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay

Secretario en funcións da Deputación Provincial

de Pontevedra