Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.224

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-Ramo de Defensa, denominada local na avenida das Pías con volta á rúa Enxeñeiro A. Comerma, en Ferrol (A Coruña).

A propiedade é un local de oficinas, situado na entreplanta do edificio de vivendas que fai esquina, situado entre as rúas Santa Comba e Enxeñeiro A. Comerma, no concello de Ferrol (A Coruña). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, como predio número 30.291, tomo 1.045, libro 322, folio 109.

Superficie segundo o rexistro: 281,25 metros cadrados.

Cantidade tipo mínimo para a poxa: 229.710,94 euros.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade: os que figuran nos pregos que rexen para a poxa.

Foron desafectadas, declarada a súa alleabilidade e postas á disposición da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, con data do 7 de xuño de 2002.

O acto da poxa terá lugar ante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, rúa da Princesa nº 32-36 de Madrid, o día 18 de novembro de 2003, a partir das 9.30 horas.

Información e pregos: nas oficinas da Delegación da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa en Galicia e Asturias, costa da Palloza nº 1-2º esquerda, da Coruña (teléfono 981 17 36 11) e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (teléfono 91 548 96 80), en horario de oficina, así como na páxina web www.gied.es.

Madrid, 15 de outubro de 2003.

Miguel Ángel Jusdado Ruiz-Capillas

Director xerente