Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003 pola que se anuncia o concurso de ideas para a recuperación e rexeneración do espacio natural de Ponte Arnelas.

A comisión de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 10 de outubro, aprobou o expediente do anuncio enriba sinalado, coas seguintes especificacións:

Obxecto: un concurso público de ideas a nivel de anteproxecto que promove a deputación, consis

tente en seleccionar entre os diferentes traballos presentados aquela proposta que resulte máis idónea e singular á rexeneración e recuperación do ecosistema fluvial así como dos valores naturais do río Umia ó seu paso polo lugar de Ponte Arnelas, zona situada nos concellos de Vilanova de Arousa, Cambados e Ribadumia.

Premios: este concurso estará dotado cos seguintes premios:

-Primeiro premio: doce mil euros (12.000 A).

-Accesits: dous accesits de tres mil euros cada un (3.000 A).

O gañador do concurso levará a cabo a redacción do proxecto básico e de execución, que poderá realizarse en distintas fases.

Lista de admitidos: a lista de admitidos aparecerá na páxina web da deputación, antes de 20 días naturais, contados a partir do fin do prazo de inscrición.

Presentación de propostas: a data tope de presentación de propostas dos traballos será de dous meses a partir do final do prazo de inscrición.

Obtención dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación están á disposición dos interesados tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións no horario de 9.00 a 13.00 horas no servicio de contratación da deputación provincial.

Os gastos de inserción dos anuncios e tódolos que ocasione o expediente serán por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 16 de outubro de 2003.

Rafael Louzán Abal

Presidente da Deputación Provincial

de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra

en funcións