Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de emenda de deficiencias.

A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión ordinaria do día 6 de outubro de 2003, procedeu á aprobación inicial do estudio de detalle promovido pola empresa Promociones Galinor, S.L., consonte o proxecto redactado polo arquitecto Ricardo Vázquez Seijas, consistente na reordenación de volumes no cuarteirón completo sito no lugar do Pedregal, da parroquia de Covas deste concello, e situada entre a estrada C-642, a rúa Vicente Bouza Basanta e rúas de nova apertura.

O que se fai público para a emenda do acordo publicado por este concello no Diario Oficial de Galicia no día 28 de agosto de 2003 (nº de boletín 166), relativo á aprobación inicial polo alcalde-presidente do dito documento, por ter delegada esta competencia na Comisión de Goberno do concello.

O dito expediente foi sometido a información pública, segundo o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do día 28 de agosto de 2003, por un prazo de vinte días, quedando comprendido entre os días 29 de agosto ata o 20 de setembro de 2003, ámbolos dous incluídos, sen que no referido prazo se tivesen presentado reclamacións contra el.

O que se fai público para xeral coñecemento e os efectos oportunos.

Viveiro, 15 de outubro de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde