Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de material eléctrico para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: diversificación e aforro. Nº expediente: 16607-240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de material eléctrico.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, doce.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 28.592,38 euros; lote 2: 2.604,20 euros; lote 3: 2.439,02 euros; lote 4: 20.106,14 euros; lote 5: 11.368 euros; lote 6: 38.530,79 euros; lote 7: 60.038,36 euros; lote 8: 17.542,10 euros; lote 9: 15.471,15 euros; lote 10: 3.629,64 euros; lote 11: 24.017,80 euros e lote 12: 5.624,18 euros.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202, Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o dia da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 12 de outubro de 2003.

Mª Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio do Concello de Vigo