Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

Aprobados polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 10 de outubro de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal, expóñense ó público por prazo de oito días.

Simultaneamente, anúnciase concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal:

1. Entidade adjudicadora: Concello de Touro.

2. Obxecto: contratación dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

3. Prazo de entrega e fases de execución: o adxudicatario entregará os traballos a través do rexistro xeral do concello, segundo o plan de fases de execución establecido na cláusula cuarta do prego.

4. Orzamento: 110.082,80 euros, desagregado na seguintes anualidades:

AnualidadeImporte en euros

Achega XuntaAchega Concello

200316.367,117.014,47

200411.874,635.089,13

200511.782,165.049,50

200612.976,565.561,38

200724.057,5010.310,36

Total77.057,9633.024,84

5. Garantía provisional: 2% do orzamento, que ascende a 2.201,66 euros.

6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Información: Secretaría do Concello.

8. Requisitos específicos do contratista: os que figuran na cláusula novena do prego.

9. Proposicións: en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, a contar desde o día seguinte ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

10. Documentación: as proposicións presentaranse en 3 sobres denominados:

-Sobre A: oferta económica, conterá a oferta económica principal e as variantes que considere oportunas o licitador, formalizadas conforme o modelo que figura como anexo o prego de cláusulas.

-Sobre B: documentación xeral, conterá a documentación esixida na cláusula novena do prego.

-Sobre C: referencias técnicas, conterá a documentación acreditativa das referencias técnicas esixidas na cláusula novena do prego.

11. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

12. Apertura de plicas: terá lugar ás 12 horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Touro, 15 de outubro de 2003.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde