Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO.

1. Entidade contratante: Concello de Muxía.

2. Obxecto do contrato: contratación por concurso con procedemento aberto dos traballos de redacción do PXOM de Muxía segundo pregos ó respecto.

3. Tipo de licitación: 140.477,11 A.

4. Financiamento e pagamento: ó tratarse dun gasto plurianual farase efectivo con cargo ó orzamento de cada unha das anualidades seguintes, na cantidade que indicamos:

AnualidadePartidaImporte

2003432.22729.837,33

2004432.22721.647,52

2005432.22721.478,95

2006432.22723.656,35

2007432.22743.856,96

Non procede a revisión de prezos.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Publicidade dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e técnicas expóñense ó público durante os 8 primeiros días desde o seguinte ó de publicación deste anuncio, para efectos de posibles reclamacións.

7. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio en BOP ou en DOG (último deles), de 9.00 a 13.00 horas no Rexistro Municipal: rúa Real, 35, Muxía.

A documentación presentada axustarase á forma e ó contido establecidos nos pregos.

8. Apertura de ofertas: no salón de actos do Concello de Muxía, ás 13.00 horas do día hábil seguinte ó de finalización de prazo para presentación de proposicións.

9. Gastos: os derivados da publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario.

10. Información e documentación: Concello de Muxía, rúa Real, 35, Muxía, teléfono: 981 74 21 17, fax: 981 74 22 98.

Muxía, 10 de outubro de 2003.

Alberto Blanco Rodríguez

Alcalde