Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto modificado do Parque Eólico Monseivane, nos concellos de Vilalba e Abadín (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 1 de setembro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que

se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto modificado do Parque Eólico Monseivane, nos concellos de Vilalba e Abadín (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Parque Eólico de Monseivane. Proxecto para a instalación dunha planta eólica de 41,4 MW en Vilalba e Abadín (Lugo). Setembro de 2002.

* Estudio de impacto ambiental. Parque Eólico de Monseivane. Abadín-Vilalba (Lugo) (41,4 MW), de setembro de 2002.

* Informe final. Estudio de impacto cultural do proxecto modificado do Parque Eólico de Monseivane (Abadín e Vilalba, Lugo), de outubro de 2002.

* Plano titulado P.E. Monseivane Lugo. Mapa de hábitats, do 13 de xuño de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración, que anula e substitúe en todo o seu contido ás dos parques eólicos Penas da Mosa, Fonte Toxoso e Monseivane, do 23 de xullo de 1998, refírese, en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico de Monseivane, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 41,4 MW de potencia total nos concellos de Vilalba e Abadín (Lugo), constituído por 46 aeroxeradores modelo NEG-MICON NM 900/52 de 900 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

614.8004.809.200

614.8004.804.500

Vértice XVértice Y

618.1004.803.400

618.1004.808.100

De acordo co indicado no punto 6.3 da DIA, deberá redefinirse o trazado das gabias do cableado, nas condicións sinaladas no citado punto.

A localización dos aeroxeradores e a infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plan de localización de potenciais impactos, plano nº 2 Rev. 01, do estudio de impacto ambiental, agás para o que se derive do parágrafo anterior.

As coordenadas UTM dos 46 aeroxeradores previstos son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

MV-01615.6224.808.360

MV-02615.7774.808.307

MV-03615.9254.808.240

MV-04616.0524.808.141

MV-05616.2004.808.080

MV-06616.2864.807.944

MV-07616.3714.807.807

MV-08616.4544.807.674

MV-09616.5504.307.549

MV-10616.7464.807.304

MV-11616.8754.807.217

MV-12617.0054.807.128

MV-13617.1404.807.049

MV-14617.2754.806.970

MV-15617.4084.806.887

MV-16617.5394.806.800

MV-17616.0784.807.469

MV-18616.2594.807.208

MV-19616.3504.807.076

MV-20616.4804.806.983

MV-21616.9394.806.654

MV-22617.0834.806.587

MV-23617.2234.806.513

MV-24617.4004.806.416

MV-25616.1854.806.675

MV-26616.3054.806.573

MV-27616.6454.806.178

MV-28615.7584 806.296

MV-29615.8384.806.157

MV-30615.9284.806.027

MV-31616.0114.805.885

MV-32616.0964.805.750

MV-33615.3874.805.403

MV-34615.5054.805.296

MV-35615.6394.805.159

MV-36615.8764.805.041

MV-37616.0644.804.948

MV-38616.2764.804.784

MV-39616.4364.804.633

MV-40616.5164.804.496

MV-41617.0144.804.662

MV-42617.0964.804.524

MV-43617.1784.804.386

MV-44617.2894.804.271

AeroxeradorUTM XUTM Y

MV-45617.4384.804.210

MV-46617.5764.804.128

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Para tal fin, levarase a cabo un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, debendo presentarse un plan de control do nivel de ruído, de acordo co requirido no punto 10.3 da DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga (cruzamentos de vías, gabias de cableado ...) así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización de Augas de Galicia, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Ditas actuacións deberán axustarse ás directrices do Plan hidrolóxico de Galicia, costa.

As obras non poderán afecta-la calidade e o volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Presentarase un plan de vixilancia do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos, tanto transversais como lonxitudinais, de acordo co requirido no punto 10.4º da DIA.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que contén coas debidas autorizacións.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas

infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) para impedi-la proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados e depositados en localización autorizada.

Non se poderán efectuar préstamos na zona, salvo xustificación previa. En toda caso, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada, téndose que restaura-lo préstamo ó finaliza-la obra.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase unha localización de baixo valor ambiental, escasa pendente e arredado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 10.2 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas.

5. Xestión de residuos.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo os criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse na nave de mantemento do parque.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Nos pasos canadenses que se instalen para impedi-lo paso do gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer no foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de suba ou foxo con laterais abertos. En calquera caso, describiranse axeitadamente, conforme o requirido no punto 10.5 da DIA.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

Para tal fin levarase a cabo un plan de seguimento de avifauna, así como unha valoración conxunta dos

resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques eólicos e liñas de evacuación de enerxía da zona. Neste senso, presentarase a documentación requirida nos puntos 10.6 e 10.7 da DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, de acordo coa Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

En todo momento garantirase que as obras non alteren as condicións de hidromorfía das áreas higroturbófilas e outras áreas hidromorfas.

Deberá redefinirse o trazado das gabias do cableado, de xeito que se axuste o máximo posible ó trazado das vías existentes ou que hai que acondicionar. No caso das vías de nova construcción, deberá embutirse no propio firme, agás que por motivos de mantemento se considere a opción de facelas paralelas ás pistas, debendo neste caso cumpri-lo requisito de máximo achegamento. En todo caso, as gabias non poderán levar como recheo materiais que xeren efecto presa, como o formigón.

A solución constructiva adoptada e o trazado final da rede colectora de enerxía detallaranse na documentación requirida no punto 10.1 da DIA.

Durante as fases de replanteo e execución de obra realizarase un seguimento en campo co obxecto de verificar que se respectan estas formacións e comprobar que non se producen impactos imprevistos e se adoptan as medidas protectoras e correctoras recollidas no estudio ambiental e nesta DIA.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establécense como áreas de exclusión, no contorno dos bens do patrimonio cultural, as propostas no informe final. Estudio de impacto cultural do proxecto modificado del Parque Eólico de Monseivane (Abadín e Vilalba, Lugo), de outubro de 2002, permitíndose unicamente

as obras de acondicionamento dos camiños e as gabias do cableado, segundo se recolle no antedito documento. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque eólico, polo que, previamente ó inicio das obras se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias do cableado.

A sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto arqueolóxico farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha deste fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

O acabamento exterior da nave de mantemento deberá ser acorde co contorno, garantindo a súa integración paisaxística.

9. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, foxos, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o proxecto de revexetación incluído no estudio ambiental, realizando un seguimento da súa efectividade, tal como se recolle no plan presentado. Incrementarase a intensidade do seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación,

Os labores de restauración e revexetación deberán realizarse paralelamente ó avance da obra, conforme as distintas superficies que hai que restaurar alcanzan o seu estado definitivo, co fin de acada-la integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Como un labor máis da restauración asociada á fase de obras, deberá precederse á restauración (entendida como unha volta ás condicións preoperacionais) dos tramos de vía e calquera outra obra ou estructura remanente executada no seu momento para a instalación dos tres parques iniciais, que non vaian ter uso para o parque obxecto da presente DIA. Neste senso, presentarase a documentación requirida no punto 10.8 da DIA.

Ó finaliza-las obras retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura auxiliar procedendo á recuperación da zona afectada.

Na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo tódalas actuacións necesarias para recupera-la situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluíndo a restauración das vías creadas para uso exclusivo do parque e a revexetación das zonas afectadas pola desmontaxe. Para tal fin, presentarase a documentación requirida no punto 10.8 da DIA.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor, presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición das medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Solución constructiva adoptada para as gabias do cableado, de acordo co indicado no punto 6.3 da DIA, e trazado final proposto, reflectíndoo nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Xuntarase unha valoración ambiental do percorrido proposto, con especial atención á preservación dos hábitats naturais, e informe arqueolóxico subscrito por técnico arqueólogo competente.

Unha vez emitido informe favorable por esta dirección xeral sobre a documentación requirida no punto anterior, presentarase:

10.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento do punto anterior.

Diferenciaranse en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes das de nova construcción e aquelas que hai que acondicionar, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo e a das gabias do cableado. Reflictiranse tamén o punto/os de acceso ó parque, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e amoreamento de materiais.

10.3. Plan de seguimento do nivel de ruído, conforme a Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica e o Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o

regulamento da antedita lei, no que como mínimo se inclúa:

-Proposta xustificada de puntos de control, centrándose nas vivendas existentes a menos dun quilómetro dos aeroxeradores, e incluíndo como mínimo un punto de medición na área do parque. Xuntarase un plano de localización dos puntos de control, relativizados coas instalacións previstas, a escala mínima 1:25.000, e dunha táboa indicando a súa distancia ó aeroxerador máis próximo.

-Metodoloxía para a realización das medicións, indicando a súa frecuencia tanto na fase de obras como na de funcionamento.

-Resultados dunha medición na fase preoperacional, en tódolos puntos propostos. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral e o informe de resultados debe estar asinado polo técnico da entidade realizadora da medición. Indicarase a velocidade do vento durante o período de medición.

10.4. Plan de control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais como lonxitudinais), comprobación do mantemento do réxime hídrico preexistente e condicións de incorporación das augas ó medio natural. Indicarase a dirección do fluxo de auga e a área drenada por cada unha das infraestructuras de drenaxe, que se reflictirán nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Así mesmo, describirán se os sistemas protectores e de disipación de enerxía que se instalarán á saída das drenaxes transversais e nos puntos de verteduras dos foxos.

10.5. Descrición dos sistemas de escape de pequenos vertebrados que se instalarán nos pasos canadenses, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

10.6. Plan de seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna, que deberá ser elaborado por técnico/s especializado/s na materia e virá asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do coñecemento da materia. Desenvolverá, como mínimo, os seguintes aspectos:

-Metodoloxía do seguimento, detallando os controis que se efectuarán e a súa frecuencia, para a caracterización do comportamento das aves ante os aeroxeradores e a detección de morte por colisión. Para esta última, terase en conta que en cada visita se revisará como mínimo un 30% dos aeroxeradores e que a frecuencia das visitas será como mínimo mensual, establecendo unha quincenal en época reproductora, de dispersión de xuvenís e de paso migratorio ou movementos locais, así como unha redefinición da frecuencia en función dos resultados do seguimento, incrementándoa no caso de detectarse afeccións.

-Definición xustificada de limiares de afección (alerta e inadmisible) por colisión e aparición de efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adoptar medidas protectoras ou correctoras específicas.

-Proposta de medidas protectoras e/ou correctoras que se adoptarán no caso de acada-los anteditos limiares. Medidas propostas para a detección e corrección de impactos puntuais imprevistos, por desvío de rutas migratorias ou pasos, acumulación temporal de aves na área, etcétera.

-Descrición da estructura e contido dos informes que hai que presentar, que conterán como mínimo un epígrafe introductorio (indicando datas e descrición das campañas efectuadas), outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

10.7. Proposta metodolóxica para a detección e valoración dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna, en relación ós parques eólicos e liñas de evacuación de enerxía da zona, conforme o sinalado no punto 6.1 da DIA, propoñendo limiares de risco e medidas correctoras específicas ó respecto. O alcance e contido da dita proposta será consensuado coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

10.8. Addenda ó proxecto presentado que inclúa:

-Plan de restauración dos tramos de vía e calquera outra obra ou estructura remanente (ocos para as zapatas, planta móbil de formigón...) executada no seu momento para a instalación dos tres parques iniciais, e que non vaia ser empregada para o parque obxecto da presente DIA, conforme o sinalado no punto 9 da DIA. Deberán identificarse claramente tódolos elementos que hai que restaurar, achegando un plano a escala 1:5.000 ou maior detalle no que se reflicta a situación actual da zona, coas infraestructuras executadas no seu momento, e o parque previsto, diferenciando claramente as vías que hai que aproveitar e aqueles a restaurar.

-Novo orzamento da restauración asociada á fase de obras, incorporando a partida derivada do plan anterior e a correspondente o novo trazado das gabias do cableado a teor do requirido no punto 6.3 da DIA.

-Descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque, contando memoria, planos, prego de condicións e orzamento.

Os orzamentos deberán incluír medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

10.9. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 12.3 da presente DIA.

10.10. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras (referida á contrata ou contratas que vaian executa-lo parque), de acordo co Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10.11. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o resultado da dita avaliación non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta dirección xeral sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez informado favorablemente por esta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras e remitirá, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, no que figuren tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

No caso de que durante o seguimento ambiental se detectasen, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, comunicando a esta dirección xeral a incidencia detectada e propoñendo as medidas correctoras precisas para corrixila, que serán avaliadas polo órgano ambiental, quen informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación.

11.1. Durante a execución das obras presentarase, con carácter trimestral, un informe de obras que como mínimo inclúa:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

b) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, con medicións en plena actividade, indicando

persoal de obra e maquinaria en funcionamento. As medicións serán efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes presentarase asinados por técnico desa entidade.

c) Resultados do plan de control do funcionamento da rede de drenaxe, mantemento do réxime hídrico e condicións de incorporación das augas ó medio natural.

d) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento da declaración en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela.

e) Informe de avance da obra, xunto con reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a tódolos compoñentes do proxecto. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

f) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución respecto ó total, referido a tódolos elementos que conforman o proxecto.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data de posta en marcha do parque. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos, desde a emisión do último informe de obras e o estado final destas trala súa finalización así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal; descrición detallada do estado final da área afectada en relación a tódolos aspectos recollidos no estudio ambiental e no condicionado da declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos más salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e a hora, irán acompañadas dun plano de localización.

c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras.

d) Documentación acreditativa da ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.3. Informe ambiental semestral, que se presentará desde o inicio da fase de explotación, durante os dous primeiros anos desta. Incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición.

b) Resultados do control dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico e condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o punto 6.1.

d) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme o que se derive da documentación requirida no punto 10.7 da DIA.

e) Informe, xunto coa reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vias, foxos, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Describiranse as posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

11.4. Informe ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, con carácter xeral, os contidos do informe descrito no punto anterior.

Non obstante, esta dirección xeral, á vista dos resultados obtidos no seguimento ou por proposta motivada do promotor poderá modifica-lo contido do dito informe ou a frecuencia dos controis que hai que realizar.

11.5. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, xunto, se é o caso, cun informe indicando as posibles variacións respecto do plan de desmantelamento previsto, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe acompañado de reportaxe fotográfica, que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos

procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para as empresa promotora. Sen embargo, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, á esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando, así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade dun millón catrocentos setenta mil setecentos corenta e oito euros con trinta e sete céntimos (1.470.748,37). O importe definitivo do aval, que será actualizable, poderá propoñerse cando se dispoña do orzamento

da totalidade do plan de restauración, tendo en canta o requirido no punto 10.8 da DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non recollido actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para preceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Deberán efectuarse os trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

ANEXO I

Á Declaración de Impacto Ambiental

Resumo do proxecto

O proxecto denominado Parque Eólico de Monseivane, promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 46 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Vilalba e Abadín (Lugo). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

* Número de aeroxeradores: 46.

* Modelo: Neg-Micon NM 900/52.

* Potencia unitaria por aeroxerador: 900 kW.

* Potencia total instalada: 41,4 MW.

* Altura das torres: 47 m.

* Diámetro do rotor: 52 m.

* Investimento previsto: 36.768.709,31 euros.

A rede viaria do parque terá unha lonxitude de 15.954 m, dos que 7.833 son vías de nova construcción e o resto son tramos que hai que acondicionar, cun largo de rodadura de 5 m e dotados de foxos e drenaxes para a recollida e evacuación de pluviais. As gabias de conducción do cableado terán un largo de 60 cm.

Medidas preventivas e correctoras:

-Protección do solo.

-Non se eliminará vexetación colindante a correntes de auga superficial ou camiños, realizando a revexetación nas marxes das novas vías.

-Disipadores de enerxía para previ-la erosión. Xeotéxtiles para evitar arrastres.

-Correcto cálculo da rede de drenaxe.

-Evitar actividade constructiva intensa en períodos de fortes chuvias.

-Correcto almacenamento de combustible e outros productos de obra, con medidas antiderramo.

-Adecuado trazado das vías por zonas de escaso interese ambiental e minimizando a corta de vexetación.

-Protección dos solos de maior valor edafolóxico, e reposición tralas obras.

-Revexetación.

-Aproveitamento de vías existentes.

-Mante-las escavacións abertas o menor tempo posible.

-Almacenamento e correcta xestión da terra vexetal.

-Xestión dos residuos de obra.

-As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto. A circulación de vehículos e maquinaria no parque restrinxirase as vías e plataformas.

-Procedemento espacial de execución das gabias do cableado se discorren por zonas de turbeira.

* Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en localización autorizada por órgano competente.

-Protección da atmosfera.

* Rega dos amoreamentos de terra vexetal.

* Humectación das vías e zonas de movementos de terras en períodos de seca.

-Xestión de residuos.

Tódolos residuos xerados tanto na fase de obra como nas de funcionamento e abandono do parque eólico serán xestionados de acordo coa súa natureza e conforme á lexislación vixente.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase da obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derramos accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria estas tarefas realizaranse na zona destinada ás instalacións de obra.

Ó finaliza-las obras a zona quedará totalmente limpa, procedendo á retirada e xestión de tódolos residuos de obra.

-Protección da paisaxe.

As casetas de obra serán de cores mates e retiraranse cando termine a obra, así como calquera indicación, cartel, etcétera.

As construcción temporais de obra situaranse en zonas de baixo impacto visual, por exemplo nas proximidades da subestación.

Aeroxeradores de cores mate e claros, como o gris ou o branco.

Plan da restauración na fase de abandono.

-Protección das augas e leitos fluviais.

Realizarase un control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe artificial (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico anterior á implantación do parque.

A incorporación das augas procedentes das drenaxes farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións e deposición de sólidos na traxectoria de incorporación das augas os cursos naturais.

Non se acumularán terras, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga ou áreas hidromorfas, para evita-la súa incorporación as augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non se permitirá o lavado de maquinaria e materiais nos cursos fluviais.

As instalacións de obra situaranse en zonas que aseguren unha correcta protección dos leitos fluviais a disporán de sistema de depuración de augas fecais.

ANEXO II

Á Declaración de Impacto Ambiental

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable sobre o estudio de impacto ambiental e as medidas correctoras propostas no informe final sobre o estudio de impacto cultural, cos seguintes condicionantes que se incluiran na declaración ambiental.

1. Cara a evitar posibles afeccións, establécense como áreas de exclusión, no contorno dos bens do patrimonio cultural, as propostas no informe final sobre o estudio de impacto cultural. Serán soamente permitidas as obras de acondicionamento dos camiños e as gabias de conducción eléctrica segundo se recolle no antedito informe. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

3. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias.

4. A sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

5. De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisaron os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

6. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza a través da Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade, emite un primeiro informe que inclúe antecedentes, un resumo do proxecto, uns comentarios sobre a situación do proxecto en relación os espacios naturais protexidos (no que indica que tódolos aeroxeradores -agás o 45 e 46-, a subestación e a nave de mantemento atópanse situados no LIC Serra do Xistral), e información sobre refuxios de fauna, espacios cinexéticos e propiedade dos montes presentes na área ocupada polo parque.

No relativo á documentación, expón as seguintes consideracións:

1. Espacio natural protexido: a documentación non representa con claridade os valores polos que o espacio foi protexido, aspecto que debe ser emendado.

2. Pasos de gando: prevese a instalación de 6 cancelas canadenses. Adoptaranse medidas que eviten a morte dos pequenos vertebrados que poidan caer ó foxo, debéndose describir axeitadamente.

3. Infraestructuras e instalacións dos parques existentes: do observado na documentación despréndese que moitas das vías existentes son as efectuadas para os tres parques iniciais e que moitos son usados polo presente parque pero outros non van ser empregados. Para estes non prevén ningún tipo de actuación. Proponse que por defecto se efectúe a restauración das vías e demais actuacións feitas para os primeiros parques e que van quedar fóra de uso. Esta restauración consistirá nunha volta ás condicións existentes antes da actuación. Esta restauración debe desenvolverse e describirse axeitadamen

te, identificándose os elementos sobre os que se vai actuar. Presentábanse planos ilustrativos para o efecto.

4. Infraestructuras viarias: non se abrirán canteiras de préstamos na zona, salvo xustificación adecuada. Un tanto do mesmo no relativo ás verteduras. As vías axustaranse á topografía do terreo. O modelado dos noiros evitará formas demasiado artificiais. Adoptaranse as medidas precisas para evitar posibles desprendementos, especialmente en zonas de fortes pendentes. Os noiros e desmontes estarán protexidos contra fenómenos erosivos. A deterioración que sufran as infraestructuras viarias como consecuencia do seu uso na explotación deberá ser restaurada.

5. Gabias do cableado: o parque presenta unha intricada rede de liñas colectoras de media tensión que seguen un trazado independente do resto das actuacións lineais, vías fundamentalmente. Debe redefinirse a rede de cableado, de xeito que no caso das pistas de nova execución deben facerse baixo estas, sendo máis axeitado que formen parte do corpo destas, embutidas no firme. Deberán presentarse as solucións constructivas adoptadas, se ben, por motivos de mantemento, pódese considera-la opción de facelas paralelas e tanxentes ás pistas. No caso de transcorrer paralelamente a pistas xa existentes ou a acondicionar, bastará con achegalos o máximo a estas. En todo caso, as gabias non deben levar como recheo materiais que xeren efecto presa, tal que o formigón. En caso de ser imprescindible dotaranse dos suficientes ocos drenantes. De todos modos presentarse xustificación á solución adoptada. O incumprimento total ou parcial dalgún destes criterios debe vir adecuadamente xustificado.

6. Aves e quirópteros: extremarase a minuciosidade no seguimento das poboacións de aves e quirópteros, polo que deberá desenvolverse un plan de seguimento que terá en conta os seguintes criterios:

* A frecuencia de mostraxe debe considera-las particularidades estacionais e locais (migracións, época reproductora, inicio do voo).

* Presentación de forma explícita dos datos empregados na consecución dos resultados.

* O parque eólico pode ocasionar unha mortandade desprezable durante moitos anos e provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Polo que o plan debe formularse para que se solape en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

* Determinación de limiares de alerta, cunha metodoloxía rigorosa que sirva para a adopción das medidas oportunas, como pode se-la estipulación dun período de parada de aeroxeradores por mortandade temporal de aves.

* Implementaranse as medidas mínimas para a detección de calquera impacto negativo imprevisto que se poida producir sobre as poboacións de aves, Tanto durante a execución como a explotación. Unha vez detectado o posible impacto adoptaranse as medidas cautelares que procedan, dando comunicación inmediata dos feitos ó organismo competente.

* Deberíanse integrar nun único plan de vixilancia o conxunto dos parques eólicos e liñas de evacuación da zona.

Nun segundo informe, sobre o plano titulado P.E. Monseivane Lugo. Mapa de hábitats, do 13 de xuño de 2003, estiman adecuadamente cuberta a solicitude que se efectuou ó respecto dunha mellor representación e tipificación dos valores polos que o espacio natural Serra do Xistral foi protexido.

Á vista desa documentación, non estiman pertinente efectuar ningúnha modificación no proxecto previsto, aínda que de identificarse algunha modificación dos valores naturais inventariados, debe ser comunicada ó Servicio Provincial de Espacios Naturais e Biodiversidade, paralizando calquera acción que poida incidir sobre elas mentres non haxa pronunciamento oficial. De todos modos, calquera afección que se poida producir sobre os sistemas turbosos deberá ser eliminada.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística que inclúe os seguintes puntos: antecedentes, valoración da incidencia turístico-ambiental, principios normativos nos que se basea o informe e conclusións indicando que a actuación posúe unha incidencia negativa no que se refire a aspectos puramente turístico-ambientais ó desenvolverse na Serra do Xistral.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo emite informe favorable, non formulando ningunha obxección.

ANEXO III

Á Declaración de Impacto Ambiental

Resumo da alegación

Julián Martín Castañeda, representante de Cosme Santomé lnsua e outros trece máis, propietarios de predios na área do parque, alega cuestións relativas

á propiedade dos terreos e outras cuestión de carácter non ambiental, sinalando que non existe un estudio, cos requisitos normativamente esixidos, que permita a necesaria avaliación do impacto ambiental.