Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de setembro de 2003, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Álabe-Leste.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 25 de setembro de 2003, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Álabe-Leste.

Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, o planeamento do Concello do Valadouro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas