Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado As Regas 3017, nos concellos de Ponteareas e Mondariz da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Moravi, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Granitos Moravi, S.L., con enderezo social en lugar Bouzavedra, 31, San Xurxo, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial o día 26 de maio de 2003 instancia-solicitude do permiso de investigación denominado As Regas, sobre unha superficie de seis cadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas e Mondariz da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o número 3017.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V18º 28' 40''42º 12' 00''

V28º 27' 40''42º 12' 00''

V38º 27' 40''42º 11' 20''

V48º 28' 40''42º 11' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 22 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra