Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.195

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (6/2003).

Eu, Rosa María Sueiro Moreno, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia de Negreira, dou fe de que nos autos de referencia se dictou sentencia cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Negreira a un de setembro de dous mil tres.

María Fe López Juiz, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Negreira, dictou esta resolución no procedemento civil ordinario seguido neste xulgado co nº 6/2003, no que actuaron como demandantes Manuel García Guillín e Josefa Calvo Barreiro, representados polo procurador Luis Rieiro Noya e asistidos da letrada Leonor Ramos Turnes e, como demandados, Manuel García Guillín, José García Guillín, Ramón García Guillín e Antonio García Guillín, todos declarados en situación de rebeldía, en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuel García Guillín e Josefa Calvo Barreiro, representados polo procurador Luis Rieiro Noya e asistidos pola letrada Leonor Ramos Turnes e, como demandados, Manuel García Guillín, José García Guillín, Ramón García Guillín e Antonio García Guillín, todos declarados en situación de rebeldía, e debo declarar e declaro que procede a división dos predios nº 625, nº 618, nº 662, nº 665, nº 689, nº 766, predio nº 880, segundo consta no fundamento xurídico segundo desta resolución. Debo declarar e declaro a partición do caudal hereditario deixado polos cónxuxes Manuel García García e Josefa Calvo

Barreiro, logo de liquidación da sociedade de gananciais. Condeno os demandados a teor do artigo 782 e seguintes da Lei de axuizamento civil a realiza-las operacións de división pertinentes co fin de lle adxudicar a cada partícipe e coherdeiro bens en pagamento da súa porción a teor dos títulos e documentación achegada. En canto ás custas, obsérvese o disposto no último fundamento de dereito desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación que, de se-lo caso, deberán preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se lles notifique esta resolución. Así o acordo, mando e asino.».

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós expresados demandados, que se atopan ausentes en ignorado paradoiro, expido esta cédula en Negreira o vintecinco de setembro de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA