Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.195

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (263/2003).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 263/2003, se dictou a sentencia que se publica a continuación:

«En Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.

María Fe López Juiz, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dictou o presente edicto no xuízo de faltas 263/2003, en materia de furto no que é parte denunciante Guadalupe Hernández Rodríguez e parte denunciada Stefan Florín Petru Boti, e intervindo o Ministerio Fiscal en nome de El-Rei a seguinte decisión:

Que debo absolver e absolvo a Stefan Florín Petru Boti da falta que se lle imputa.

En canto ás custas procesuais, haberá que aterse ó disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra esta, poderán interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Stefan Florín Petru Boti, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de setembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado