Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto, para a contratación da concesión de bens de uso público municipal para a colocación de postos durante as festas da Pascua, por un período de catro anos.

Tipo de licitación: 340 euros.

Garantías:

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de contrato.

Prazo e lugar de presentación das proposicións:

Poderanse presentar no Rexistro Xeral do concello, das 9.00 ás 13.00 horas, en sobres pechados, coa documentación e os requisitos esixidos no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 22 de xullo de 2003, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ó da data da última das publicacións deste anuncio.

Apertura de plicas:

Terá lugar na Secretaría do concello ás 10.00 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación:

Poderase consultar na Secretaría do concello das 9.00 ás 13.00 horas.

Padrón, 13 de outubro de 2003.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde