Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, con data do 1-9-2003, acordou proceder, pola vía do artigo 47.4º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e

protección do medio rural de Galicia, a cambia-lo uso do terreo de titularidade municipal dunha extensión de 870 m, situado na unidade de actuación centro sur, nº 4 do PXOU vixente e sito na esquina do carril das Flores coa rúa da nova apertura que une este co carril das Hortas, cualificado como centro de saúde, polo uso de zona verde pública, dada a existencia próxima doutro centro de saúde xa construído na unidade de actuación centro sur nº 19 (Catasol) e a necesidade de alivia-la consolidación edificatoria existente nesta zona céntrica da cidade.

Contra o devandito acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que se estime conveniente.

Lugo, 12 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía nº 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente de alcalde delegado da área