Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PANTÓN

ANUNCIO de licitación.

Convócase concurso cos seguintes detalles:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pantón.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: catrografía e redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pantón.

b) Lugar de execución: termo municipal de Pantón.

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 80.000 euros.

5. Garantía provisional: 1.600 euros.

6. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Pantón, praza do Concello, 1, 27430 Pantón (Lugo). Teléfono: 982 45 60 05. Fax: 982 45 65 62.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de obtención de documentos e información: 15 días a partir do seguinte ó da aparición da publicación do último anuncio deste concurso.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) O contratista deberá te-la categoría 12, de acordo co artigo 206 do texto refundido da Lei de contratos de administracións públicas.

b) Solvencia económica e financeira: a súa forma de acreditación realizarase como se establece nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

10. Presentación de proposicións e documentación.

a) Data límite de presentación: 15 días a partir do seguinte ó da aparición da publicación do último anuncio deste concurso.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións técnicas.

c) Lugar de presentación: Concello de Pantón, praza do Concello, 1, 27430 Pantón.

11. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Pantón.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Pantón, 10 de outubro de 2003.

José Manuel Ledo López

Alcalde