Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.147

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (406/2003)

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 406/2003, seguidos por instancia de Ángel Cobas Lema contra a empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L. e outros sobre cantidade, se dictou a sentencia co encabezado e a parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Lugo o vintetrés de setembro de dous mil tres. Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 406/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Ángel Cobas Lema, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo avogado do Estado, Alfredo Barrigón del Santo. Non comparecen os codemandados empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L. e Amalia Álvarez López, os cales constaban citados en legal forma.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Ángel Cobas Lema, sobre cantidade, contra a empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a lle aboar ó demandante a cantidade de dous mil trescentos dez euros con trinta e cinco céntimos de euro (2.310,35 A), máis o xuro legal desde a data desta resolución, e a cantidade de oitocentos trinta e tres euros con trinta e dous céntimos de euro (833,32 A) máis o 10% por mora salarial sobre esta cantidade desde a data

de devengo ata o seu completo pagamento. Absólvese a Amalia Álvarez López ó non lle alcanzar ningunha responsabilidade na litis. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria, nos termos regulamentariamente establecidos, para o suposto de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-61 nº de autos 406/2003, que este Xulgado do Social ten aberta na entidade Banesto desta cidade, sucursal de r/ San Marcos nº 3, a cantidade obxecto da condena, poderase substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade

solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 406/2003 da mesma entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberanse entrega-los xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, que estaba

celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 23 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado