Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.147

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (440/2001).

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña,

dou fe que en autos de xuízo verbal civil nº 440/2001, sobre reclamación de cantidade derivado de accidente de circulación, se dictou auto aclaratorio do seguinte teor:

«Auto.-Na Coruña, 18 de decembro de 2001.

Autos de xuízo verbal civil nº 440/2001, por instancia de Telefónica de España, S.A. contra Isolux Wat, S.A., Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. e Caser Grupo Asegurador.

Parte dispositiva.-Aclárase a sentencia con data do 5 de decembro de 2001 no sentido seguinte: Fundamento xurídico quinto. Onde di: «faise expresa imposición en custas», debe dicir: «non se fai expresa imposición en custas».

E para que conste e sirva de notificación a Infraestructuras y Canalizaciones, S.L. e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o dezaoito de decembro de dous mil un.

Rubricado

A secretaria