Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 2003 pola que se autoriza con carácter provisional a impartición das ensinanzas conducentes á obtención do certificado de aptitude pedagóxica na Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo presentou solicitude para a impartición das ensinanzas conducentes á obtención do certificado de aptitude pedagóxica (CAP) no Centro de Estudios de Posgrao e Formación Con

tinua, con carácter provisional, en tanto non se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título profesional de especialización didáctica.

Tendo en conta que, segundo o disposto no Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro, que regula o título profesional de especialización didáctica, modificado polo Real decreto 325/2003, do 14 de marzo, o informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia que obra na Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recolle que, á vista da prórroga do período de transitoriedade, parece axeitado adoptar solucións, tamén transitorias, que lles permitan ás universidades galegas que o desexen e teñan medios para isto a organización dos cursos de aptitude pedagóxica, a través dos centros ou institutos que establezan, e cun deseño curricular homoxéneo cos xa existentes, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Universidades,

DISPÓN:

Artigo único.-Autorizar con carácter provisional, en tanto non se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título profesional de especialización didáctica na Comunidade Autónoma, a impartición das ensinanzas conducentes á obtención do certificado de aptitude pedagóxica no Centro de Estudios de Posgrao e Formación Continua na Universidade de Vigo.

Contra esta orde poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso con

tencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a mesma data, consonte prevén os artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria