Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.074

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 376/2003, do 14 de outubro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicada no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicada no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Universidade de Vigo a Albino Prada Blanco.

Artigo 2º

Noméase membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Universidade de Vigo a Santiago Lago Peñas.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente