Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.074

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 375/2003, do 14 de outubro, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1, inciso segundo e 10º f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicada no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, Xosé Carlos Arias Moreira.

Artigo 2º

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente