Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do cuarteirón número 91 do PEEC, definido polas rúas Loriga, Ecuador, Panamá e Venezuela (expediente 7663/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 28 de xullo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestimar polas razóns que se expresan na parte expositiva do presente acordo, a alegación presentada no período de información pública do expediente por Victoria Miñaur Otaegui. Estimar parcialmente polas razóns que nos mesmos ante

cedentes se conteñen, as alegacións formuladas por Rosa Estévez Rodríguez, Delia Rodríguez Rodríguez, Concepción Castro Rodríguez, Marina Carmen Souto Uría, María Bueses Celada, Francisco Monje Barcia, Florentino Monje Caballero, Roberto A. Pérez Soto, Mª del Carmen Pérez Costas, Cristina Castiñeira Fernández e, finalmente, estimar no sentido e co alcance que nos repetidos antecedentes se indican as alegacións presentadas por José María Pérez Crespo e Manuel Berea Cerdido.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes, reaxuste de aliñacións interiores e fixación de rasantes de patio de cuarteirón, no cuarteirón número 91 do PEEC presentado pola mercantil apartamentos Paseo Marítimo, S.L. e redactado polos arquitectos Alberto de Cominges Molíns e Pedro de la Puente Crespo, con datas de visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 7 de maio, 3 de novembro de 2002 e 2 de xuño de 2003, coas modificacións que derivan da estimación das alegacións referidas no punto anterior para o cal deberá ser incorporado polo equipo redactor á documentación técnica a que recolla a acotación do fondo edificable ou aliñación interior para os soares do cuarteirón con fronte á rúa Loriga a as alturas reais do edificio sinalado co número 30 da rúa Ecuador.

Terceiro.-Procédase, de conformidade co disposto no artigo 92 LOUGA á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, con notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo, facendo constar no anuncio da aprobación definitiva a remisión da documentación á consellería».

De conformidade co artigo 59 da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

a) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dou meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Faise constar por medio deste anuncio a remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o documento completo do estudio de detalle, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que inte

gran o estudio de detalle do cuarteirón 91 do PEEC, debidamente dilixenciado.

Vigo, 9 de setembro de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Alcalde-presidente da Xerencia de Urbanismo