Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial para a mellora de equipamentos, consolidación e vertebración de ámbito do núcleo de Currás e convenio urbanístico por iniciativa particular.

Por resolución da Alcaldía do 12 de setembro de 2003, acordouse a aprobación inicial do Plan especial de mellora de equipamentos, consolidación e vertebración de ámbito do núcleo de Currás e convenio urbanístico anexo, por iniciativa da promotora Pazo Devesa, S.L.

Co obxecto de dar cumprimento ó establecido nos artigos 86.1º b) e 233 e ss da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes o expediente mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos. Simultaneamente notificarase individualmente ós propietarios dos terreos afectados.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na secretaría do concello onde pode ser consultado en horas de oficina.

Tomiño, 12 de setembro de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde