Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de dependencias municipais e conserxería do Colexio Público Integrado M. Padín Truiteiro.

b) Lugar de execución: Soutomaior.

c) Prazo de execución: dous anos, prorrogable anualmente, sen que a duración total exceda de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 71.305,64 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a da presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do TRLCAP.

-Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 b) e 19 c) do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG, último no que se publique.

b) Documentación necesaria: a especificada no prego de cláusulas administrativas e técnicas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Soutomaior.

2º Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

3º Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Os criterios que deben servir de base para a adxudicación serán os seguintes:

1º Melloras na calidade do servicio que se vai prestar.

2º Reducción no prezo.

3º Servicios realizados.

Os criterios antes sinalados ponderaranse como a seguir se especifica:

-Criterio 1: ata 40 puntos.

-Criterio 2: ata 40 puntos.

-Criterio 3: ata 20 puntos.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade: Soutomaior.

Data: o quinto día hábil contado a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se aquel día fose sábado, posporase a apertura ata o seguinte día hábil.

d) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos de anuncios: adxudicataria.

Soutomaior, 10 de outubro de 2003.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde