Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos a conservar no seu cuarteirón número 57 (expediente 8074/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 2 de outubro de 2003, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos a conservar de Vigo, no cuarteirón núero 57, polo que se elimina o parámetro da altura máxima en número de metros para o edificio do número 35 da rúa Velázquez Moreno, e mantendo o número de plantas permitidas de catro, conforme a memoria e documentación elaborada polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro en decembro de 2002, someténdoo a información pública na forma prevista no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e con notificación individual ós propietarios dos terreos afectados.

Segundo.-De conformidade co artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e solo de Galicia, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición na parcela sinalada co número 35 da rúa Velázquez Moreno.

Terceiro.-Pedir, de conformidade co artigo 78.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, informe que se entenderá emitido favorablemente se, transcorrido un mes desde o requirimento, non se emitise.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e nos dous xornais de maior difusión da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 9 de outubro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente da Xerencia de Urbanismo