Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003 da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 519/2003 e dous máis.

Ó non atopar no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 519/2003.

Acta inf. nº 603/03.

Empresa: Procodesa, S.L.

NIF/DNI: B-15793458.

Enderezo: avda. Lugo, 125 (Santiago de Compostela).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada con data do 26 de marzo de 2003 a obra de construcción sita na estrada de Ribeira, Escarabote (Boiro), constatouse que o traballador Fernando Pintor Mella manexaba os mandos dun guindastre descargando ferralla e carecendo da idade e da cualificación profesional esixidas, o que creaba un risco grave para el e para os seus compañerios de obra.

Vulnéranse os artigos 291 da O.M. do 28-8-1970, e anexo IV, parte C.6.b.4º) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º b) e 39.3º e 40.3ºb), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente: 547/2003.

Acta inf. nº 642/03 (I) (II).

Empresa: Reformas y Construcciones Bertoa, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15806904.

Enderezo: urb. Sol y Mar, bloque 11, ptal. 1-2º D, Oseiro, (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.006 euros.

Resumo da acta de infracción:

Con data do 26-2-2003 visitouse a obra de construcción sita en avda. das Mariñas, nº 139, O Carballo, (Oleiros), constatáronse dúas infraccións:

1. Ausencia de proteccións colectivas no forxado, existindo risco de caída de altura; e na protección dos ocos das escaleiras as varandas carecían de listóns intermedios e rodapés, existindo tamén risco de caída de altura, uns 6 metros aproximadamente.

Vulnéranse os artigos 3 a) e b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, en relación co artigo 187 da O.M. do 28-8-1970.

2. O encargado da obra procedía ó manexo dun guindastre-torre, carecendo de titulación de operador e sen que no centro de traballo houbese un guindastrista coa referida titulación. As cargas pasaban por riba dos traballadores que prestaban servicios na obra.

Vulnéranse os artigos 12 da Orde do 17-8-1992, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, substituído polo artigo 39 do Decreto 204/1994, do 16 de xuño, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 6 b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997.

As dúas infraccións cualifícanse como graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.16º f), 12.16º b); e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente: 555/2003.

Acta inf. nº 631/03 (I) (II).

Empresa: Construcciones Coenge, S.L. (I).

NIF/DNI: B-36420693.

Enderezo: avda. Reina Victoria Eugenia, 225-bloque 4º (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 2.500 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en Cordeda 2ª fase - M 8, M 9 e M 10- en Culleredo, constatouse que un dos traballadores colocaba un cordel para posterior traballo de cerramento, sen que existise sistema ningún de protección colectiva e sen que o traballador utilizase cinto de seguridade como medida de seguridade alternativa, existindo risco grave de caída de altura desde uns 15 metros aproximadamente.

Vulnéranse os artigos 3 b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de novembro; en relación co artigo 9 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio; e en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; tendo en conta para efec

tos de gradación, o carácter permanente dos riscos inherentes á actividade da construcción.

Documentos existentes nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 30 de setembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña