Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Asociación de Comerciantes Os Peiraos da Zona Monumental de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Comerciantes Os Peiraos da Zona Monumental de Vigo, e mailos novos estatutos. Esta modificación consiste no cambio dos artigos 1, 3 e 7.1º, pasando a denominarse Asociación de Comerciantes y Hosteleros Vigovello.

Asina a acta de modificación: Santiago J. Varela Vidal, presidente.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 29 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra