Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Talleres de Piedra y Mármoles, Astapima.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Talleres de Piedra y Mármoles, Astapima, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos que desempeñen actividade empresarial no sector e dentro do ámbito territorial da asociación.

Asinan a acta de constitución: Marcos Cacabelos Riveiro e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 19 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra