Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca OU-005/03-P e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 22 de setembro de 2003.

Míriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-005/03-P.

Denunciado: Francisco Javier Caride Freijedo.

DNI: 76705044-K.

Derradeiro enderezo coñecido: A Grela, 9. 32130 San Cristovo de Cea.

Feito denunciado: pescar sen licencia. Negarse a entrega-la cana.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º e art. 34.20º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 450,76 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU-013/03-P.

Denunciado: Javier Soto Pérez.

DNI: 10070203-K.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. de Galicia, 131-1. 24400 Ponferrada. León.

Feito denunciado: ter unha cana de pescar a unha distancia superior a 3 metros.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.3º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.

Expediente: OU-029/03-P.

Denunciado: César Penedo González.

DNI: 34939659.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Encarnación, 27-1º. 32800 Celanova.

Feito denunciado: pescar en tramo acoutado sendo titular do permiso do couto cando non se leve consigo.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.2º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 30,05 A.