Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 2 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 262/2002 PRO por infraccións en materia sanitaria.

Con data 2 de setembro de 2003, o conselleiro de Sanidade dictou resolución recaída no expediente sancionador nº 262/2002 PRO incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Pub Bugatti.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pub Bugatti o contido do referido recurso que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, ou nos servicios centrais, na secretaría xeral (Servicio Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de outubro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 262/2002 PRO.

Denunciado: Pub Bugatti.

DNI/NIF: G15575954.

Último enderezo coñecido: Cancela (esquina Juan Canalejo). A Coruña.

Feito imputado: máquina expendedora de tabacos con acceso directo á rúa. Situada fóra do establecemento.

Preceptos presuntamente infrinxidos: art. 13.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade e arts. 13.4º; 37.3ºA da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Contido da resolución: estimatoria.