Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 16 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lles dá audiencia ós interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigos 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles e outórgaselles audiencia ós titulares dos establecementos que no anexo I se mencionan, no procedemento de baixa de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foi autorizado no seu día.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta delegación provincial acordou, ó abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, inicia-lo expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ó titular do establecemento referido no dito anexo I, para que no prazo de 15 días poida efectua-las alegacións que estime pertinentes, podendo examina-lo expediente e obter

copias dos documentos contidos nel, na delegación provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 16 de setembro de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Establecemento: Mesón de Ulloa.

Signatura: R.LU-1096.

Titular: Ana María Vázquez Varela.

Enderezo: avda. Compostela, s/n.

Concello: Palas de Rei.