Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de execución do Centro Comarcal de Caldas de Reis (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución do Centro Comarcal de Caldas de Reis (Pontevedra), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 751.265,11 euros.

Ano 2003: 156.000 euros.

Ano 2004: 184.000 euros.

Ano 2005: 411.265,11 euros.

5. Garantías:

Provisional: o 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 42.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós trece días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

9. Clasificación:

Grupo C. Subgrupo 2, categoría C; subgrupo 3, categoría C; subgrupo 4, categoría C; subgrupo 9, categoría D.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 19-9-2003)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO