Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador en materia de residuos que se citan, devoltos polo servicio de correos. (Expediente ESCA 64/03-LU).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo acordo de proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméanse instructor deste procedemento a Carlos Fernández Valdivielso e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 17 de setembro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ESCA 64/03-LU.

Denunciado: Amador López Teijo.

DNI: 76558094.

Enderezo: rúa A Casa da Hedra-Vilela-Covelas-Ribadeo-Lugo.

Feito denunciado: o abandono no monte do barrio A Casa da Hedra de Vilela-Ribadeo (Lugo) dunha gran cantidade de residuos, consistentes en dous bidóns de plástico, cinco ciclomotores, dúas lavadoras, unha neveira, un televisor e diversa chatarra.

Precepto sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción: 601,02 euros.