Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais para o ano 2003 e a modificación do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción da provincia de Lugo.

Visto o acordo da revisión das táboas salariais para o ano 2003 e a modificación dos artigos 2, 5, 6, 7, 14, 33, 34, 35 e 37 do convenio colectivo para o sector de materiais e prefabricados da construcción da provincia de Lugo (código número 2700395), asinado o día 30 de xullo de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), e das centrais sindicais MCA-UGT (44,1%) e FECOMA-CC.OO. (38,2%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión e a modificiación do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión e a modificación do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Revisión do convenio colectivo para o sector

de materiais e prefabricados da construcción

da provincia de lugo (ano 2003)

Asistentes:

* Representación sindical.

-Por MCA-UGT (44,1%):

José Carlos Rodríguez del Río (asesor).

Adolfo Mosteirín Turia.

José Luis Combarro Infante.

Carlos García Vázquez.

José Seijas Rouco.

Manuel José Fernández Rodríguez.

-Por FECOMA-CC.OO (38,2%):

Ángel Barreiro Pérez.

José Antonio Cabo Martínez.

Jesús Varela Lodeiro.

José Manuel Brea Méndez.

-Por FCM-CIG (17,6%):

Ignacio Javier García Gómez.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Luis Vigo Lage.

* Representación patronal (APEC).

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

Luciano Méndez.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, 30 de xullo de 2003, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de materiais e prefabricados da construcción da provincia de Lugo, para revisar e actualiza-lo convenio con data do 29 de agosto de 2002 (BOP de Lugo nº 222, do 26 de setembro), e recoñecéndose lexitimación e capacidade suficiente para negociar en razón da representatividade que posúen, adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar por unanimidade a táboa de retribucións para o ano 2003, que se xunta a esta acta.

Segundo.-Aprobar por unanimidade as seguintes modificacións do convenio:

Artigo 2º.-Lexislación supletoria.

No non previsto neste convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 10-8-2002 e o acordo sectorial nacional publicado no BOE nº 157, do 2-7-2003.

Artigo 5º.-Vixencia e incremento salarial.

A vixencia para efectos económicos do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2003, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP coas actualizacións que se recollen no artigo 6º.

Non obstante o anterior, e para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez terminada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto no seu contido normativo coma no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

O incremento económico atópase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

Para o ano 2003, no suposto de que o índice anual de prezos ó consumo (IPC), o 31 de decembro do dito ano, supere o 2% correspondente ó IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica no exceso producido que afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do ano seguinte e sen ningún efecto retroactivo.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.752 horas efectivas ó ano, para realizar a razón de 40 horas semanais, que se repartirán de luns a venres a razón de oito horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral vixente.

Artigo 33º.-Desprazamentos e axudas de custo.

-Desprazamentos.

No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

-Axuda de custos.

Establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a seguir:

a) Axuda de custo completa: 18 euros diarios en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 15 euros diarios en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custo: 8 euros diarios en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 7 euros diarios en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivos.

Artigo 34º.-Locomoción.

1. Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa pondo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación de 0,18 euros/km.

2. Cando o persoal desprazado que poida volver pernoitar á súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis

dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario do convenio.

Artigo 35º.-Indemnización por desgaste de ferramenta.

A indemnización para aqueles traballadores que a facilitan, logo de determinación da empresa, será de 0,27 céntimos de euro, por cada día efectivo de traballo.

Artigo 37º.-Indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 38.000 euros.

c) En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 21.000 euros.

Para a cobertura das indemnizacións previstas nas letras b) e c), as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que lle deberán exhibir ó traballador que así o solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización faráselle efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de falecemento, ós herdeiros legais do traballador.

3. A materia regulada neste artigo, por ser das reservadas ó ámbito xeral estatal, non poderá ser obxecto de regulación en ámbito inferior, e será compensable e absorbible coas indemnizacións que por

estes conceptos estivesen establecidas con anterioridade á entrada en vigor do convenio xeral.

4. As indemnizacións previstas nas letras b) e c) deste artigo serán consideradas a conta de calquera outra cantidade que puidese ser recoñecida como consecuencia de responsabilidades civís, sempre que non deriven de condenas penais esixidas ou impostas ó empresario, debendo deducirse destas, en todo caso, tendo en conta da natureza civil que teñen estas e ámbalas partes lle recoñecen. Tampouco estas indemnizacións poderán servir como base para a imposición da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

5. Para os efectos de acredita-lo dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data do feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

6. As indemnizacións pactadas comezarán a obrigar ós 30 días da publicación do convenio xeral do sector da construcción.

Terceiro.-O pagamento dos atrasos aboarase ó mes seguinte da publicación das táboas salariais no BOP ou no DOG. Aquelas empresas que aboasen cantidades á conta dos incrementos establecidos nas presentes táboas aboarán unicamente as diferencias que resulten de aplicación.

Cuarto.-Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez, para que se dirixa a a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Lugo para os efectos proceder á tramitación, depósito e publicación no DOG e no BOP.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, excepto FCM-CIG, no lugar e na data indicados no encabezamento.

ANEXO

Táboa de retribucións

Vixencia: 1-1-2003 ata 31-12-2003

NiveisCategoríaMensualAnualTotalValor hora

Salario baseComplementosComplementoTotalVacaciónsGratificacións

asist./produc.

puntualidade

extrasalarialXulloNadalanualextra

IITitulado superior.985,0240,8385,071.110,921.125,261.125,261.125,2615.595,909,30

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª.831,78107,3177,271.016,36995,62995,62995,6214.166,827,23

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral.716,93147,8970,77935,59894,94894,94894,9412.976,317,20

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.645,96195,1668,31909,43840,19840,19840,1912.524,307,15

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra.621,62193,8266,24881,68815,38815,38815,3812.144,627,12

NiveisCategoríaMensualAnualTotalValor hora

Salario baseComplementosComplementoTotalVacaciónsGratificacións

asist./produc.

puntualidade

extrasalarialXulloNadalanualextra

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz.603,42194,5964,80862,81796,32796,32796,3211.879,877,01

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio.601,89178,5663,57844,02790,17790,17790,1711.654,736,79

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio.573,26166,8160,42800,49757,40757,40757,4011.077,596,68

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio.572,78156,6759,68789,13753,37753,37753,3710.940,546,54

XIEspecialista de 2ª, peón especial.572,58152,0159,34783,93751,62751,62751,6210.878,096,43

XIILimpadora, peón ordinario.571,07140,6058,42770,09746,81746,81746,8110.711,426,14