Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se concede a segunda prórroga das bolsas para a formación de doutores en grupos de investigación da comunidade autónoma que teñan proxectos vixentes.

Por Orde do 23 de xullo de 2003 (DOG do 4 de agosto) convocouse a segunda prórroga das bolsas

para a formación de doutores en grupos de investigación da comunidade autónoma que teñan proxectos vixentes.

Conforme o disposto no punto 3 do anexo I das bases da convocatoria, procedeuse á revisión das solicitudes comprobando se a documentación presentada é a correcta. As solicitudes admitidas foron

avaliadas pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), e orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 1 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo).

En consecuencia, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-la segunda prórroga das bolsas para a formación de doutores en grupos de investigación da comunidade autónoma que teñan proxectos vixentes durante o período comprendido desde 1 de outubro de 2003 a 31 de marzo de 2004, ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución.

A contía das bolsas será de 905 euros mensuais brutos e aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.432A.781.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO

SolicitanteNIF

Antelo Martínez, Juan33296985T

Carpinteiro Botana, Josefina33296705L

Curty Alonso, Marcos36107904C

Díaz Balado, Alicia76577046H

Díaz Hermida, Félix32680846P

Díaz Prado, Silvia María32823979N

SolicitanteNIF

Fernández Soneira, Ana María36101448G

Freire Paz, Elena33319115G

González Iglesias, Arturo76967412M

González Sotelo, Lourdes36130696L

Herbello Hermelo, Paloma78736860V

López Fernández, Jesús Alberto34264351D

Mariño Pérez, Marta78794608N

Mateo Rodríguez, Eduardo Fabián46896764V

Pazo Llorente, Román36091185E

Pérez Lorenzo, María44457673F

Rodríguez Ramilo, Silvia Teresa36134258Q

Vilas Salleres, Carlos46898940P