Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Biotecnoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica e de Ciencias da Saúde convocadas no anexo I, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo I, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Biotecnoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica e de Ciencias da Saúde.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta

elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de Investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II desta resolución.

As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III desta resolución.

Cuarto.-Concede-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.740.0

SolicitanteCódigoTítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Persoal

Alonso Fernández, Mª JoséPGIDIT03BTF20301PRDeseño de novos vehículos sintéticos dirixidos á terapia xénica do cancro: nanopartículas biodegradables funcionalizadas332.01042.68021.34010.670106.700Si

Arce Vázquez, VíctorPGIDIT03BTF20801PRDesenvolvemento dun sistema non invasivo para a monitorización do crecemento tumoral en ratos modificados xenéticamente324.30532.40616.2038.10181.015Si

Ballester Álvarez, AntonioPGIDIT03BTF40001PRObtención de clons de chopo e bidueiro con capacidade hiperacumuladora de metais pesados para a súa utilización en programas de fitorremediación325.80534.40617.2038.60386.017Si

Blanco García, Francisco J.PGIDIT03BTF91601PREstudio da expresión de metaloproteasas no tecido articular humano artrósico324.33032.44316.2208.11081.103Si

Estévez Cabanas, Ramón

José

PGIDIT03BTF20901PRDeseño, síntese e avaliación farmacolóxica de novos axentes antitumorais317.16022.88011.4405.72057.200Non

Freire Picos, María ÁngelesPGIDIT03BTF10301PRCaracterización xenómica e molecular de elementos reguladores da transcrición en resposta a cadmio. Aplicacións biotecnolóxicas217.16021.4504.290042.900Non

González Fernández, Mª

Africa

PGIDIT03BTF30101PRInmunoterapia: validación do potencial terapéutico de anticorpos monoclonais humanos dirixidos fronte a leucemias e/ou linfomas humanos324.09032.12016.0608.03080.300Si

SolicitanteCódigoTítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Persoal

López López, RafaelPGIDIT03BTF91801PREstudio farmacoxenético en doentes con cancro colo-rectal e a súa resposta á quimioterapia325.19533.59416.7978.39983.985Si

González Siso, María IsabelPGIDIT03BTF10302PREvolución dirixida e estudios cristalográficos da Beta-Galactosidasa de Kluyveromyces lactis318.81025.08012.5406.27062.700Non

Nieto Martínez, José MaríaPGIDIT03BTF26103PREstudio da capacidade do virus da enfermidade de Aujeszky para controla-lo programa apoptótico. Contribución á patoloxía e patoxenia da infección316.83022.44011.2205.61056.100Non

Regueiro García, Benito J.PGIDIT03BTF91802PRControl da apoptose inducida polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH)324.75033.00016.5008.25082.500Si

Ríos Fernández, MiguelPGIDIT03BTF20902PREstudio da fotoxénese da vitamina D3320.83027.76013.8806.94069.410Si

Sánchez Piñón, Laura E.

Subproxectos:

PGIDIT03BTF26102PRIdentificación de marcadores de ADN e proteicos específicos de sexo en rodaballo (Scophthalmus maximus)327.31636.41918.2099.10991.053Si

Sánchez Piñón, Laura E.322.43129.90914.9547.47974.773Si

Álvarez Jurado, Gonzalo34.8856.5103.2551.63016.280Non

Señaris Rodríguez, Rosa MªPGIDIT03BTF20802PRBusca de novas dianas terapéuticas na obesidade321.22028.29014.1407.08070.730Non

ANEXO II

SolicitanteCódigoAplicación

orzamentaria

TítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Persoal

Centro Tecnolóxico

do Mar

Subproxectos:

PGIDIT03BTF00701CTValorización analítica do cefalotórax do cangrexo vermello (Chionoecetes opilio) para o seu aproveitamento en pensos destinados á acuicultura

Maroto Leal, Julio

Fernando

Centro Tecnolóxico do Mar08.05.432A.781.031.7563.5952.2561.1728.779Non

Lage Yusty, María

Asunción

Universidade de Santiago

de Compostela

08.05.432A.740.0313.20027.02716.9628.81166.000Si

ANEXO III

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SolicitanteCódigoTítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Porc.

subv.

Total

proxecto

Acuinuga, Acuicultura y Nutrición de Galicia, S.L.PGIDIT03BTF01EExtracción de quitina e quitosano de residuos de cefalópodos provenientes de productos da pesca28.37216.74416.744-41.86030139.478

Ind. Transf. Residuos del Mar, S.A.PGIDIT03BTF02EObtención de ácido hialurónico por dúas vías alternativas: residuos de peixe e fermentación29.55119.10219.102-47.7555784.123

Innaves, S.A.PGIDIT03BTF03EProceso escalado de obtención de lisina e pediocina en medios proteicos residuais211.75423.50723.507-58.76851115.960

ANEXO IV

SolicitanteCódigoAplicación

orzamentaria

TítuloDuraciónTotal

concedido

Porc.

subv.

Custo

Fundación Juan CanalejoPGIDIT03BTF01DT08.05.432A.781.0Dotación de laboratorio189.19570127.421

InnavesPGIDIT03BTF02DT08.05.432A.770.0Dotación de laboratorio198.41650196.832