Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 374/2003, do 16 de setembro, polo que se establece o currículo da especialidade deportiva de grao superior correspondente ó título de técnico deportivo superior en fútbol sala.

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, polo que se configuran como ensinanzas de réxime especial as conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos, aproba as directrices xerais dos títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas e habilita as comunidades autónomas para establece-lo currículo das modalidades ou especialidades deportivas.

Pola súa parte, o Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, estableceu para a modalidade deportiva de fútbol o título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol sala, así como as súas ensinanzas mínimas e as probas e os requisitos de acceso a elas en consonancia co devandito Real decreto 1913/1997.

Pola súa vez, o punto 3º do artigo 4 da citada lei orgánica e o artigo19 do Real decreto 1913/1997 atribúenlles ás respectivas administracións a competencia para establece-lo currículo do correspondente grao e modalidade, do que deben formar parte as ensinanzas mínimas.

Seguindo os principios xerais que rexen a actividade educativa nesta materia, o currículo das ensinanzas deportivas no ambito territorial galego establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó campo profesional da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación dos sectores productivos da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente das ensinanzas deportivas que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realiza-lo papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto describe os obxectivos xerais das ensinanzas deportivas como o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos

para acadar dos distintos módulos formativos, expresados neste decreto como capacidades terminais, e os criterios de avaliación que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

As ensinanzas de cada grao estructúranse agrupadas en bloques:

O bloque común está composto por módulos transversais de carácter científico-técnico xeral, que serán coincidentes e obrigatorios para tódalas especialidades deportivas.

O bloque específico ten os módulos de formación deportiva específica de carácter científico e técnico relacionados coa modalidade e coa especialidade deportiva á que se refire o título. Neste bloque integraranse os contidos que atinxan ás singularidades que requira a mellor e máis completa formación de cada modalidade e especialidade deportiva.

O bloque complementario abrangue os contidos que teñan por obxectivos formativos a utilización de cursos tecnolóxicos e as variacións da demanda social, así como a atención a outros aspectos que os centros desexen incorporar ó currículo.

Tamén forman parte da estructura das ensinanzas a formación práctica e o proxecto final, constituíndose dentro dela como bloques de módulos únicos e independentes. A formación práctica desenvolverase en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así como no marco de programas de intercambio internacional, e realizarase ó supera-lo bloque común, específico e complementario.

A inclusión do módulo de formación práctica (MFP) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades productivas desenvolvidas no centro de prácticas. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ás actividades programadas no centro de prácticas, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

O proxecto final, que se inclúe nas ensinanzas deportivas reguladas neste decreto, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos formativos. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles han permitir realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, para o ensino de réxime especial relativo ó título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol sala regulado no Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e se regulan as probas e os requisitos de acceso a estas ensinanzas.

2. A denominación, o nivel de formación e a duración das ensinanzas son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Validez académica e profesional do título.

O título de técnico deportivo superior en fútbol sala que regula este decreto será equivalente para tódolos efectos ó grao superior ó que se refire o artigo 35.2º da Lei orgánica 1/1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo e o artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, a localización no ámbito deportivo, a responsabilidade nas situacións de traballo e a evolución da competencia que definen o perfil profesional do título son as que se establece no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo das ensinanzas.

O currículo das ensinanzas é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. Os criterios de avaliación son os resultados avaliables das capacidades terminais de cada módulo.

Capítulo II

Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Acceso ás ensinanzas.

Os requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado de centros sostidos con fondos públicos con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

2. Os requisitos de titulacións que acreditan o profesorado para imparti-los módulos destas ensinanzas son os que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto ou as que foron declaradas equivalentes ou homologadas con elas.

3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

4. As equivalencias de titulación para o seguimento dos bloques de formación práctica son as que se establecen no punto 4.2.4. do anexo deste decreto.

5. A habilitación docente a expertos e especialistas recóllese no punto 4.2.5. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Espacios, instalacións e equipamentos.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición das ensinanzas deportivas son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Validacións, correspondencias e acceso a outros estudios.

1. Os módulos formativos susceptibles de validación por estudios de formación ocupacional, correspondencia coa práctica laboral ou ben con outros estudios ou diplomaturas son os que se especifican no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4. do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Criterios xerais para o desenvolvemento e a avaliación das ensinanzas.

A obtención do título correspondente ó grao superior das ensinanzas que se regulan no presente decreto requirirá a avaliación positiva dos distintos módulos nos que se organizan as ensinanzas e segundo os criterios que se establecen no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Distribución horaria.

1. Os módulos formativos destas ensinanzas organizaranse segundo os horarios que se establecen no punto 4.6 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos do bloque específico asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Non regulación de profesión titulada.

Os elementos que definen o perfil profesional nas correspondentes ensinanzas mínimas conducentes ós títulos oficiais de técnico das especialidades de fútbol non constitúen regulación do exercicio da profesión titulada.

Segunda.-Habilitación docente a expertos e especialistas.

Nas condicións que se establezan e cos criterios que se determinen con carácter xeral para todo o territorio nacional, concederanse as habilitacións docentes ós deportistas con méritos sobresalientes a nivel internacional e as persoas nas que concorran méritos deportivos de prestixio recoñecido e experiencia profesional que aseguren, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño do seu labor docente, para os efectos de obter habilitación para imparti-las ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

Mediante a referida habilitación docente obterase a condición de profesor especialista para imparti-la docencia do módulo correspondente.

Terceira.-Adecuación das ensinanzas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar estas ensinanzas ás pecu

liares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposición transitoria

Habilitación do profesorado ata que se realicen os cursos de capacitación pedagóxica.

1. Mentres se leven a cabo os recursos de capacitación pedagóxica do profesorado ós que se refire o artigo 27 do Real decreto 320/2000, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria habilitará, para imparti-las ensinanzas dos técnicos deportivos da especialidade de fútbol sala, a quen reúna os requisitos de titulación ou posúa algún dos títulos declarados equivalentes recollidos no punto 6.2 do anexo deste decreto.

2. De igual xeito, para impartir determinados módulos do bloque específico ou para a titorización do módulo de formación práctica, poderá autorizarse a quen estea en posesión do diploma ou certificado de máximo nivel federativo na especialidade de fútbol sala, que fora recoñecido polo Consello Superior de Deportes, conforme o previsto no artigo 42 do Real decreto 1913/1997. Ademais, terá que acreditar mediante currículo persoal a formación e a experiencia docente na materia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Órgano competente para o desenvolvemento e a aplicación da presente norma.

Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Entrada en vigor do decreto.

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de setembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación do título: técnico deportivo superior en fútbol sala.

Nivel: grao superior.

Duración total: 830 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Planificar e dirixi-lo adestramento de deportistas e equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel, así como dirixir escolas de fútbol sala.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Efectua-la programación específica e a programación operativa do adestramento a medio e a longo prazo en a alta competición.

* Planificar e programa-lo adestramento técnico-táctico e o acondicionamento físico dos deportistas.

* Realiza-la formulación táctica aplicable á competición, en función do alto rendemento dos deportistas.

* Avalia-la actuación do deportista e do equipo trala competición.

* Valora-lo rendemento a nivel físico, psíquico e técnico-táctico dos deportistas e dos equipos en colaboración con especialistas das ciencias do deporte.

* Planifica-lo ensino do fútbol sala.

* Planifica-la realización de actividades deportivas ligadas ó desenvolvemento do fútbol sala.

* Realiza-la xestión económica e administrativa dunha pequena ou mediana empresa.

* Manterse informado sobre ás últimas achegas técnicas e científicas relacionadas co seu traballo.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Garanti-la seguridade dos técnicos que dependan del.

* Resolve-las posibles continxencias que eventualmente se presenten en relación á sección, ó departamento ou á escola de fútbol sala, con garantía de seguridade para as persoas, as instalacións, os equipos e os materiais.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Dirixi-lo adestramento técnico e táctico cos requisitos da alta competición.

* Dirixi-lo acondicionamento físico de xogador de fútbol sala en función do rendemento deportivo.

* Dirixi-lo deportista e o equipo na súa actuación técnico-táctica durante a competición.

* Coordinar, planificar e dirixi-la actividade doutros técnicos e/ou profesionais de nivel de cualificación inferior ó seu.

* Comunicarse e actuar de maneira coordinada coas seccións e os departamentos que incidan na prestación do servicio, co fin de logra-los obxectivos previstos.

* Dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio.

* Adaptarse ós cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

* Identifica-la información científica relacionada co seu traballo, co fin de desenvolver novas técnicas e tendencias, e saber utiliza-los novos equipos e os materiais do sector.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, que dirixirá técnicos deportivos de fútbol sala de nivel igual ou inferior ó seu, no marco da súa función e dos obxectivos asinados, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Planificación e dirección do adestramento técnico-táctico de xogador de fútbol sala e de equipos de fútbol sala de medio e alto nivel.

* Control e avaliación do proceso do adestramento deportivo.

* Valoración e control do rendemento deportivo utilizando os instrumentos apropiados en cada caso.

* Programación e dirección do acondicionamento físico de xogadores de fútbol sala.

* Dirección da participación de xogador de fútbol sala en competicións.

* Dirección e seguridade dos técnicos que dependen del.

* Cumprimento das instruccións xerais sobre as actividades do responsable da entidade deportiva.

* Dirección técnica das actividades de competición e formativas dun departamento, sección ou escola deportiva de fútbol sala.

* Xestión económica e administrativa do departamento, da sección ou da escola de fútbol sala.

2.4. Unidades de competencia.

1. Planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

2. Programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel.

3. Dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.

2.5. Realizacións de cada unidade de competencia.

2.5.1. Unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

* Selecciona-los aspectos técnico-tácticos máis axeitados dos deportistas.

* Planifica-lo adestramento do equipo tendo en conta o nivel da competición.

* Dirixi-lo adestramento coa procura dun nivel óptimo de preparación para a competición.

* Analiza-las regras de xogo para lograr un maior aproveitamento táctico.

* Selecciona-lo adestrador as estratexias psicolóxicas aplicables a cada xogador, co obxectivo da mellora do seu propio rendemento.

* Utiliza-las novas tecnoloxías para o seguimento dos adestramentos individuais e colectivos.

* Face-las actividades de preparación física dos xogadores, atendendo ó alto nivel de rendemento esixido.

2.5.2. Unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel.

* Determina-lo sistema de xogo do equipo co fin de mellora-lo rendemento do conxunto durante a competición.

* Selecciona-la formulación táctica máis axeitada para o enfrontamento cos equipos rivais.

* Dirixi-lo equipo durante a competición procurando o máximo rendemento en cada xogador.

* Planifica-lo sistema de avaliación do equipo e dos xogadores trala competición.

* Facer seguimentos individualizados e do equipo na competición utilizando as novas tecnoloxías.

2.5.3. Unidade de competencia 3: dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.

* Identifica-la regulamentación do departamento, da sección ou da escola relativa ós requisitos de persoal, material e uso das instalacións.

* Defini-lo programa xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e cos recursos dispoñibles.

* Preve-las posibles continxencias que se poidan presentar na realización do programa, así como as distintas solucións alternativas.

* Establece-la coordinación para a utilización de servicios complementarios, tendo en conta as características da actividade e os deportistas.

* Xestionar e administra-lo departamento, a sección ou a escola do xeito máis adecuado, tendo en conta os orzamentos e os obxectivos perseguidos.

2.6. Localización no ámbito deportivo.

2.6.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e o adestramento do fútbol sala, así como da dirección de deportistas e de equipos de alto nivel.

Exclúese expresamente do seu ámbito de actuación o ensino, o adestramento e a dirección de deportistas e equipos de fútbol.

Na área de xestión deportiva pode actuar prestando os seus servicios na dirección de departamentos, seccións ou escolas de fútbol sala.

Este título acredita a adquisición dos coñecementos e das competencias profesionais para asumi-las súas responsabilidades de forma autónomo.

Actuará sempre no seo dun organismo público ou privado relacionado coa práctica do fútbol sala.

2.6.2. Contorno funcional e tecnolóxico (ocupacións).

Esta figura localízase nas funcións de planificación, ensino, adestramento e dirección de xogadores e equipos durante a competición deportiva. Ademais, na área de xestión deportiva, dirixe o departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen os seguintes campos:

* Biomecánica do deporte.

* Fisioloxía do esforzo.

* Preparación física III.

* Seguridade deportiva III.

* Técnica, táctica e sistemas de xogo individuais e colectivas III.

* Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol sala III.

* Adestramento do alto rendemento deportivo.

* Psicoloxía e socioloxía do alto rendemento deportivo.

* Regras de xogo III.

* Táctica e sistemas de xogo III.

* Dirección de equipos III.

* Xestión do deporte.

* Desenvolvemento profesional III.

2.6.3. Entidades ou empresas nas que desenvolve as súas funcións.

Os distintos tipos de empresas e entidades onde pode desenvolve-lo seu traballo son:

* Centros de alto rendemento deportivo.

* Centros de tecnificación deportiva.

* Escolas deportivas.

* Clubs ou asociacións deportivas.

* Federacións de fútbol sala.

* Padroados deportivos ou entidades deportivas municipais.

* Empresas de servicios deportivos.

* Centros de formación de técnicos deportivos de fútbol sala.

3. Ensinanzas mínimas.

3.1. Obxectivos xerais.

* Confeccionar e pór en práctica programacións de ensino e adestramento do fútbol sala de alto nivel, aplicando os procedementos e os fundamentos científicos e didácticos oportunos.

Aplica-los fundamentos científicos e didácticos que se deben considerar no ensino e no adestramento para mellora-la aprendizaxe das habilidades técnicas do fútbol sala a nivel individual e colectivo.

* Aplica-los fundamentos necesarios para o desenvolvemento das tácticas e dos sistemas de xogo no fútbol sala.

* Confeccionar e dirixir programacións de actividades básicas de acondicionamento físico tendo en conta as características dos deportistas e as condicións do medio onde se van desenvolver.

* Coñece-la lexislación vixente respecto á seguridade nas instalacións nas que se xoga ó fútbol sala, así como o procedemento para seguir en caso de sinistro, e domina-las técnicas de evacuación, control de masas e administración de primeiros auxilios.

* Verifica-la calidade da actividade realizada, confrontando os resultados da competición cos previstos nos adestramentos e identificando as causas das

posibles desviacións respecto ó previsto, así como introducir posteriormente as correccións oportunas para logra-los obxectivos marcados polo equipo.

* Comprende-lo marco legal e a normativa aplicada ós deportistas profesionais.

* Analiza-la xestión económica organizativa que regula e condiciona as actividades profesionais do deporte do fútbol sala, con identificación dos dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Caracteriza-la profesión de adestrador de fútbol sala profesional, mediante a identificación e a definición dos papeis doutros colaboradores (adestradores, psicólogos, preparadores etc.), e a elaboración dun esquema de traballo colectivo atendendo á dinámica de funcionamento entre eles.

* Avalia-las características e os comportamentos dos deportistas e aplica-las técnicas necesarias que inflúen na dirección do grupo deportivo.

* Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir correctamente información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no contorno do traballo como nas relacións cos deportistas.

* Utilizar e procurar fontes de información relacionada co exercicio da profesión que posibilite o coñecemento e a inserción no sector profesional do fútbol sala e a evolución e adaptación das capacidades profesionais propias ós cambios tecnolóxicos e organizativos que se produzan ó longo de toda a vida activa.

3.2. Bloque común.

3.2.1. Módulo formativo 1: biomecánica do deporte.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los fundamentos da análise biomecánica aplicada ás estructuras vitais, especialmente ó aparello locomotor.* Avalia-la importancia da aplicación das leis mecánicas ó aparello locomotor e determina-los fundamentos básicos.

* Diferenciar distintas técnicas deportivas aplicadas ó fútbol sala baseadas nunha análise biomecánica.

2Aplica-los fundamentos da análise biomecánica ó estudio da técnica no deportista de alto rendemento.* Describi-la metodoloxía da biomecánica aplicada ó estudio das calidades físicas.

* Describi-la metodoloxía da biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* Aplica-los procedementos e as ferramentas biomecánicas ó estudio da técnica da especialidade deportiva do fútbol sala.

3Interpreta-los resultados da análise biomecánica para o control do adestramento do deportista de alto nivel.* Defini-la aplicación da análise biomecánica ó estudio do alto rendemento deportivo.

* Describi-la aplicación da análise biomecánica ó control do adestramento.

* Aplica-la análise biomecánica ó control do adestramento da modalidade deportiva do fútbol sala.
* Aplica-los procedementos e as ferramentas biomecánicas ó adestramento da especialidade deportiva do fútbol sala.

Contidos (duración: 10 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise da metodoloxía biomecánica aplicada durante o adestramento na técnica.

* Análise da metodoloxía biomecánica aplicada ó control do adestramento.

* Aplicación da análise biomecánica cualitativa.

* Aplicación dos métodos de análise biomecánica cinemática e dinámica.

Contidos conceptuais

* Introducción á análise biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* Metodoloxía da biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* A análise biomecánica cualitativa.

-Criterio de eficacia.

-Modelos e patróns determinantes da técnica deportiva.

-Elementos da análise biomecánica cualitativa.

* Os métodos de análise biomecánica cinemática e dinámica.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das leis mecánicas ó estudio do aparello locomotor.

* Valoración da importancia da biomecánica no alto rendemento.

* Aceptación dos aspectos positivos da análise biomecánica fronte ó adestramento deportivo.

3.2.2. Módulo formativo 2: adestramento de alto rendemento deportivo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los sistemas e os métodos de adestramento das calidades físicas no alto rendemento deportivo.* Describi-los métodos máis axeitados para o desenvolvemento da forza, resistencia, velocidade e da flexibilidade no contexto do alto rendemento deportivo.

* Xustifica-la elección do método para o desenvolvemento dunha determinada calidade física no alto rendemento.

* Describi-las características da planificación do adestramento en altitude.

2Aplica-los métodos de planificación e control de adestramento das calidades físicas condicionais e as perceptivo-motoras nos deportistas de alto rendemento.* Nun suposto práctico de deportistas de alto nivel, planificar e programa-lo adestramento das calidades físicas e as perceptivo-motoras.

* Aplica-la metodoloxía máis axeitada para o desenvolvemento das calidades físicas básicas en función da periodización do adestramento.

* Dirixi-las diferentes fases do adestramento das calidades físicas e as perceptivo-motoras.
* Efectua-la programación dun adestramento en altura situando na planificación.

3Describi-los fenómenos de fatiga e sobreadestramento.* Recoñece-las manifestacións da fatiga e do sobreadestramento.

* Dirixi-las pautas de recuperación da fatiga e do sobreadestramento.

4Describi-la verificación necesaria para evita-los efectos da fatiga e do sobreadestramento nos deportistas de alto nivel.* Aplica-los medios de avaliación para evita-lo sobreadestramento e a fatiga.

* Analiza-las principais causas de sobreadestramento e fatiga nos deportistas.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 20 prácticas)

Contidos procedementais

* Deseño e elaboracións de distintos modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento.

* Análise dos sistemas de desenvolvemento das calidades físicas no alto rendemento:

-Desenvolvemento dunha metodoloxía da forza, velocidade, resistencia e flexibilidade. Procedementos avanzados de adestramento. Controis e valoracións.

* Execución dos métodos máis axeitados para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motoras. Controis e valoracións.

* Aplicación dos medios máis axeitados para o sobreadestramento e a fatiga.

* Deseño avanzado dunha planificación do adestramento en altura.

Contidos conceptuais

* Modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento deportivo.

* Sistemas avanzados para o desenvolvemento das calidades físicas e perceptivo-motoras nos deportistas de alto nivel.

* Métodos de control e valoración do adestramento das calidades físicas e perceptivo-motoras.

* Recuperación. Pautas e avaliación. Concepto de fatiga e recuperación. Medios de recuperación. Sobreadestramento.

* Programación do adestramento en altura.

Contidos actitudinais

* Esforzo na aplicación correcta dos métodos de recuperación.

* Preocupación pola correcta planificación dunha tempada deportiva na alta competición.

* Actitude aberta e positiva cara á aplicación de novas tecnoloxías, medios e métodos aplicables ó desenvolvemento das calidades físicas e perceptivo-motoras.

3.2.3. Módulo formativo 3: fisioloxía do esforzo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los fundamentos da avaliación da capacidade funcional no alto rendemento.* Describi-los compoñentes básicos da valoración e da avaliación da capacidade funcional no alto rendemento.

* Selecciona-los métodos e os medios máis axeitados na valoración do rendemento físico.

2Interpreta-los resultados da valoración e da avaliación da capacidade funcional.* Sobre datos reais, interpretar resultados da avaliación das calidades ligadas ó metabolismo e dos factores de execución da acción motriz.

3Interpreta-los resultados da valoración nutricional do deportista.* Describi-los conceptos de dieta e reposición hidroeléctrica.

* Defini-los métodos para a determinación da composición corporal.

* Nun suposto práctico no ámbito do alto rendemento deportivo:-Interpreta-los resultados do estudio da composición corporal en relación co rendemento do deportista.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

-Interpreta-los resultados do estudio da avaliación do estado nutricional do deportista.

4Verifica-lo programa alimentario determinado polo especialista.* Selecciona-las distintas dietas en función da periodización da tempada.

* Determínase, xunto co especialista, a dieta máis axeitada precompetitiva e poscompetitiva no alto rendemento.

5Determinar, en colaboración co especialista, a dieta programada das axudas ergoxénicas.* Describi-lo concepto de dopaxe.

* Selecciona-las distintas axudas ergoxénicas en función dos obxectivos do rendemento deportivo.

* Diferencia-los conceptos de axudas ergoxénicas e os suplementos nutricionais.

* Distingui-las substancias e os grupos farmacolóxicos catalogados como productos dopantes.
* Describi-los mecanismos de acción farmacolóxica dos principais grupos de productos considerados dopantes.
* Analiza-las regulamentacións galega, española e internacional sobre as substancias consideradas dopantes.
* Nun suposto dun determinado grupo de productos farmacolóxicos prohibidos polas autoridades deportivas, indica-lo efecto nocivo sobre a saúde deportiva.

6Analiza-las vantaxes fisiolóxicas do adestramento en altitude.* Describi-los efectos fisiolóxicos do adestramento en altura e a súa repercusión no rendemento deportivo.

7Familiarizarse cos aparellos dun laboratorio fisiolóxico de esforzo.* Nun suposto práctico dun deportista nun laboratorio, manexar e saber aplica-los distintos aparellos existentes no laboratorio, baixo a tutela do especialista.

* Distingui-los distintos aparellos en función das probas de esforzo realizadas ós deportistas.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Manexo dos principais sistemas de avaliación das calidades ligadas ó metabolismo.

* Valoración funcional do metabolismo enerxético.

* Valoración funcional da forza muscular e flexibilidade.

* Valoración antropométrica.

* Aplicación de test para a valoración do rendemento deportivo.

* Cálculo do somatotipo.

* Determinación da masa ósea.

* Cálculo da porcentaxe de graxa e masa magra.

* Estimación e cálculo do gasto enerxético.

* Valoración do estado nutricional.

* Aplicacións prácticas das axudas ergoxénicas nutricionais.

Contidos conceptuais

* Avaliacións das calidades ligadas ó metabolismo.

-Sistema ATP-CP.

-Glicólise anaeróbica.

-Calidades aeróbicas. VO2 MAX. Resistencia aeróbica.

* Metodoloxía da valoración funcional do rendemento físico.

* Composición corporal.

-Métodos para a determinación da composición corporal.

-Medidas antropométricas.

-Concepto de somatotipo.

-Modificacións da composición corporal segundo o exercicio.

-Composición corporal e rendemento deportivo.

* Estado nutricional.

-Dietas especiais para deportistas.

-Dietas segundo o momento da tempada deportiva.

-Reposición hidroeléctrica.

* Respostas patolóxicas ó esforzo.

-Patoloxías cardiovasculares ó esforzo: arritmias, lipotimias, síncope e morte súbita.

-Patoloxías respiratorias vinculadas ó esforzo: asma.

-Patoloxías do aparello dixestivo: alteracións no tránsito intestinal.

-Patoloxías renais: proteinuria e hematuria.

-Patoloxías endócrinas: diabete, hipoglicemias, amenorreas e síndrome premenstrual.

-Patoloxías metabólicas: anemia.

-Patoloxías dermatolóxicas.

-Patoloxías infecciosas.

* Adaptacións endócrinas ó exercicio de alto nivel.

* Fisioloxía da actividade física en altitude.

* Exercicio do esgotamento térmico. Termorregulación.

* Procesos fisiolóxicos da recuperación física no alto rendemento deportivo.

* Dopaxe.

-Concepto de dopaxe.

-Substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos.

-Mecanismos de acción farmacolóxica.

-Efectos sobre a saúde.

-Regulamentación sobre a dopaxe.

-Control da dopaxe.

* Concepto e clasificación de axudas ergoxénicas. Axudas ergoxénicas nutricionais.

Contidos actitudinais

* Toma de conciencia da importancia do estado nutricional do deportista.

* Respecto pola lexislación vixente sobre a dopaxe.

* Recoñecemento e valoración da utilización das axudas ergoxénicas nutricionais.

* Colaboración co especialista na determinación das dietas alimentarias.

* Preocupación e interese pola valoración da capacidade funcional para o rendemento deportivo no alto nivel.

3.2.4. Módulo formativo 4: xestión do deporte.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-la normativa aplicable ós deportistas profesionais.* Describi-los aspectos fundamentais dos réximes laborais e fiscais dos deportistas profesionais.

2Aplica-las técnicas de xestión e organización no ámbito do deporte.* Nun suposto práctico, deseñar un proxecto de creación, financiamento e xestión durante unha tempada nunha entidade deportiva.
* Nun suposto práctico convenientemente caracterizado, deseña-la organización dun acto deportivo.
* A partir dun programa de actividade caracterizado:-Describi-la estructura organizativa máis axeitada.
-Defini-los recursos humanos necesarios para a execución do prógrama e o xeito de contratación.
-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

3Analiza-la normativa que regula o deporte de alto nivel no ámbito do Estado e no da Comunidade Autónoma.* Describi-la normativa estatal vixente reguladora do deporte de alto nivel.

* Describi-la normativa autonómica vixente reguladora do deporte de alto nivel.

* Con referencia ás normativas que regulan o deporte de alto nivel a nivel estatal e autonómico, facer unha comparación entre ámbalas dúas.

4Analiza-la normativa sobre o control da dopaxe.* Aplica-lo regulamento sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

5Analiza-la normativa vixente en relación co patrocinio deportivo.* Identifica-las leis que regulan o patrocinio deportivo.

6Describi-las medidas de prevención da violencia no deporte.* Diferencia-los aspectos legais referentes á prevención da violencia no deporte.

* Enumera-las medidas de prevención da violencia no deporte nun estadio de fútbol sala.

Contidos (duración: 30 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise dos distintos modelos de xestión deportiva.

* Deseño dun proxecto de creación, financiamento e xestión dunha entidade deportiva nunha tempada.

* Organización dun acto deportivo.

* Diferenciación dos aspectos máis relevantes do regulamento sobre o deporte de alto nivel.

* Análise das leis do patrocinio deportivo.

* Análise do Regulamento sobre a prevención da violencia no deporte.

* Enumeración das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

Contidos conceptuais

* Teoría xeral da xestión.

* Modelos de planificación e xestión do deporte.

* Fiscalidade no campo do deporte.

* Desenvolvemento regulamentario sobre o deporte de alto nivel.

* Patrocinio deportivo (leis de fundacións e da publicidade).

* Regulación da relación laboral de carácter especial dos deportistas profesionais e a aplicación do dereito comunitario.

* Desenvolvemento regulamentario sobre a lexislación referida á prevención da violencia no deporte.

* Desenvolvemento regulamentario sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das normas e das medidas para a prevención da violencia no deporte.

* Respecto e valoración polas leis vixentes sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

* Actitude tolerante ante a lexislación vixente en materia deportiva de alto nivel na nosa Comunidade Autónoma.

3.2.5. Módulo formativo 5: psicoloxía do alto rendemento deportivo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Identifica-las necesidades psicolóxicas dos deportistas da alta competición.* Defini-los aspectos psicolóxicos relacionados co alto rendemento deportivo.

* Describi-los elementos que contribúen á motivación básica dos deportistas de alta competición.

2Aplica-las estratexias psicolóxicas para mellora-lo rendemento dos deportistas.* Elaborar exemplos nos que se utilicen estratexias para mellora-la motivación básica dun deportista de alta competición.
* Ante un suposto práctico, indica-las principais situacións potencialmente fatigantes do deporte de alta competición.
* Elaborar un exemplo de intervención para favorece-la aprendizaxe dunha habilidade de alta complexidade.
* Describi-las principais directrices dun plan de traballo psicolóxico nun determinado período, considerando as necesidades do plan deportivo durante ese período.

3Adquiri-los coñecementos e as habilidades psicolóxicas que se necesitan para dirixir outros adestradores e traballar con especialistas das ciencias do deporte.* Sinala-las directrices para seguir polo adestrador co fin de controla-las principais situacións potencialmente fatigantes.

* A partir de exemplos concretos, discrimina-lo estilo de liderado máis apropiado a determinadas situacións.

* Dado un suposto práctico, sinala-los aspectos positivos da conducta do adestrador e os cambios que serían aconsellables para o mellor funcionamento do grupo.
* Elaborar un esquema colectivo que defina os papeis doutros colaboradores (adestradores e expertos das ciencias do deporte) asi como a dinámica de funcionamento entre todos eles.

4Diferencia-la psicoloxía do deporte do papel psicolóxico do adestrador.* Describi-lo papel psicolóxico do adestrador deportivo.

* Deseñar un programa deportivo que prevexa a interacción do traballo psicolóxico do adestrador co traballo do psicólogo deportivo.

Contidos (duración: 10 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Aplicación das estratexias psicolóxicas para mellora-lo rendemento dos deportistas.

* Identificación das estratexias psicolóxicas para o óptimo aproveitamento do tempo de adestramento.

* Elección axeitada da estratexia psicolóxica para a adquisición e o perfeccionamento de habilidades deportivas da alta complexidade.

* Planificación dos contidos psicolóxicos do adestramento.

* Elaboración de exemplos prácticos de condicións fatigantes de deportistas na competición.

* Intervencións psicolóxicas na competición: preparación psicolóxica anterior á competición, entre competicións e posterior á competición.

* Discriminación e aplicación do estilo de liderado axeitado ós diferentes grupos deportivos.

* Aplicación da competencia específica do papel psicolóxico do adestrador e comparación coas competencias específicas do psicólogo do deporte.

Contidos conceptuais

* Necesidades psicolóxicos dos deportistas da alta competición.

-Motivación dos deportistas de alta competición.

-Fatiga psicosocial na alta competición.

-Estratexias psicolóxicas do adestrador para controla-la motivación e a fatiga dos deportistas.

-Necesidades psicolóxicas dos deportistas da alta competición.

* Psicoloxía do adestramento deportivo na alta competición.

-Principais necesidades psicolóxicas do adestramento deportivo na alta competición.

-Estratexias psicolóxicas para o óptimo aproveitamento do tempo de adestramento.

-Estratexias psicolóxicas para a adquisición e o perfeccionamento de habilidades deportivas de alta complexidade.

-Adestramento dos deportistas nas condicións fatigantes da competición: características.

* Preparación específica de competicións.

* Dirección de grupos deportivos.

-Variables psicolóxicas que afectan ó funcionamento dos grupos deportivos.

-Estilos de liderado e conducta do adestrador na dirección de grupos.

-Habilidades interpersoais que inflúen na dirección do grupo deportivo.

-Relación do adestrador con outros adestradores.

-Relación do adestrador cos expertos das ciencias do deporte.

* Relación do adestrador co psicólogo deportivo.

-Papel psicolóxico do adestrador e do psicólogo deportivo.

-Características da relación entre adestrador, psicólogo deportivo e deportista.

-Asesoramento do psicólogo deportivo ó adestrador.

* Funcionamento psicolóxico do adestrador.

-Necesidades psicolóxicas do adestrador de alta competición.

-Estratexias de autorregulación para a mellora do funcionamento do adestrador.

Contidos actitudinais

* Interese e aceptación das necesidades psicolóxicas dos deportistas de alta competición.

* Rigor na aplicación das estratexias psicolóxicas para a mellora do rendemento dos deportistas.

* Preocupación polo papel psicolóxico do adestrador.

* Valoración dos aspectos psicolóxicos na dirección dos grupos deportivos.

* Interese pola colaboración entre o psicólogo deportivo, o adestrador e o especialista das ciencias do deporte.

3.2.6. Módulo formativo 6: socioloxía do deporte de alto rendemento.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-los problemas inherentes á práctica deportiva de alto nivel.* Describi-los factores sociais que afectan ó rendemento dos deportistas.

* Análise de contidos de cuestionarios, entrevistas, diarios visulacización de vídeos para identifica-la influencia dos medios de comunicación, a utilización política e o aspecto económico no mundo do fútbol sala.

2Describi-los principais problemas de adaptación dos deportistas cando remata a súa vida deportiva.* Describi-los principais problemas de adaptación e analiza-las causas que os provocan.

3Analiza-la transcendencia social do deporte espectáculo e de alto rendemento e a súa incidencia no deportista de alta competición.* Describi-los problemas máis significativos de deportista de alto nivel na súa vida deportiva.

* Nun suposto práctico de dopaxe dun deportista, ve-la influencia da propia sociedade.

* Analizar desde a perspectiva social a violencia e a agresión no deporte do fútbol sala.

4Aplica-los métodos de investigación social aplicados ó deporte.* Describi-las técnicas de investigación social aplicadas ó deporte a nivel cualitativo e cuantitativo.

Contidos (duración: 10 horas teóricas)

Contidos procedementais

* Análise dos factores extrínsecos que afectan ó rendemento deportivo.

* Análise dun conflicto social nun deportista de elite.

* Emprego das técnicas para a identificación das tendencias da sociedade en relación coa práctica deportiva.

* Aplicación práctica dos métodos de investigación social cualitativos e cuantitativos aplicados ó deporte.

* Comparación e análise de actuacións violentas no mundo do deporte.

Contidos conceptuais

* Factores extrínsecos que afectan ó rendemento deportivo.

-Influencia dos medios de comunicación.

-Utilización política do deporte.

-Aspecto económico do deporte.

* Factores intrínsecos que afectan ó rendemento deportivo.

* Problemas sociais dos deportistas de alto nivel.

-Familia.

-Rendemento deportivo.

-Proxecto educativo.

* Deporte e conflicto.

-Violencia e agresión no deporte.

-Dopaxe.

* Técnicas de investigación social aplicadas ó deporte.

* Técnicas sociolóxicas para a identificación das tendencias na práctica deportiva.

Contidos actitudinais

* Actitude de respecto polo contexto social do deportista.

* Preocupación polas mostras de violencia e agresividade no deporte.

* Interese e aceptación das novas técnicas sociolóxicas aplicadas á practica deportiva.

3.3. Bloque específico.

3.3.1. Módulo formativo 7: desenvolvemento profesional III.

Asociado á unidade de competencia 3: dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las funcións, as tarefas e as responsabilidades do técnico deportivo superior en fútbol sala.* Describi-las funcións e as tarefas propias do técnico deportivo superior en fútbol sala en relación ás competencias de:-Adestrador de equipos de competición.
-Programación e dirección do ensino do fútbol sala.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

-Dirección e coordinación de técnicos deportivos de fútbol sala.
-Dirección dunha escola de fútbol sala.
* Defini-las funcións e das tarefas propias da dirección técnica dun equipo de competición de fútbol sala.
* Defini-las funcións e as tarefas propias da dirección técnica dunha escola de fútbol sala.

2Analiza-las responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol sala derivados do exercicio da súa profesión.* Na dirección dun equipo de fútbol sala, determina-las principais responsabilidades civís do técnico superior de fútbol sala.

3Describi-lo papel do adestrador de fútbol sala no seu traballo respecto a outros profesionais da actividade física.* Describi-lo papel do adestrador de fútbol sala na colaboración con outros profesionais da actividade física.

4Aplica-los criterios de organización e xestión dunha pequena empresa.* Aplica-los sistemas de planificación e organización da actividade mercantil e deportiva de entidades dedicadas ó adestramento e ó ensino do fútbol sala.

* Xestionar e organiza-lo deporte con sistemas informatizados.

5Describi-las normativas española e internacional relativas á dopaxe en fútbol sala.* Ante un suposto práctico de competición de fútbol sala, explica-la aplicación da normativa española e internacional sobre a dopaxe nas competicións.

6Organizar actividades de fútbol sala.* Nun suposto práctico convenientemente caracterizado, deseña-la organización dun acto deportivo de fútbol sala:-Describi-la estructura organizativa do acto.
-Defini-los recursos humanos necesarios para a súa execución e a súa forma de contratación.
-Defini-los recursos materiais necesarios para a execución do acto.
-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.
-Defini-lo xeito de financiamento do acto.
* Aplicar tódolos criterios organizativos para a realización dunha competición de fútbol sala de categoría autonómica e estatal.
* Elaborar convocatorias de actividades de promoción relacionadas co fútbol sala baseadas na normativa vixente.

7Aplica-los sistemas para a elaboración e a execución de proxectos de equipos de fútbol sala.* Selecciona-la información necesaria para realizar un plan de actividades ligadas ó desenvolvemento do fútbol sala, nun club ou nunha sección de agrupación deportiva, así como os criterios e os procedementos para a súa elaboración.

* Aplica-los sistemas de planificación, programación e organización das actividades ligadas ó fútbol sala.

9Describi-la estructura e organización da Federación Española de Fútbol Sala.* Describi-las competencias da Federación Española de Fútbol Sala.

Contidos (duración: 30 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise do contorno profesional do técnico deportivo superior en fútbol sala.

* Determinación das responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol sala.

* Comparación da actividade profesional entre o adestrador de fútbol sala e os outros profesionais da actividade física.

* Execución e control de proxectos deportivos.

* Aplicación da informática aplicada á xestión deportiva.

* Organización de competicións e actos deportivos relacionados co fútbol sala.

* Análise do Regulamento da Real Federación Española de Fútbol Sala.

Contidos conceptuais

* Contorno profesional do adestrador de fútbol sala.

-Lexislación específica.

-Exercicio profesional.

-Competencias do técnico deportivo superior en fútbol sala.

-Funcións e tarefas que pode realiza-lo técnico deportivo superior en fútbol sala. Limitacións e responsabilidades na súa tarefa.

-Contrato de adestrador.

* Responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol sala derivados do exercicio da súa profesión.

-Materiais e equipamentos.

-Métodos de adestramento e competicións.

-Saúde e seguridade dos deportistas.

* Relación do adestrador de fútbol sala con outros profesionais da actividade física.

* Xestión, dirección e administración de organizacións dedicadas ó ensino e ó adestramento de fútbol sala.

* Proxectos deportivos.

-Deseño de proxectos.

-Execución e control de proxectos.

* Dirección e coordinación de técnicos deportivos.

* Dirección e promoción de equipos de fútbol.

-Clubs de fútbol sala.

-Federacións territoriais.

-Federación Española de Fútbol Sala.

* Organización de actos e competicións, autonómicas, estatais e internacionais.

* Dopaxe.

-Normativa española sobre a dopaxe no fútbol sala.

-Normativa internacional sobre a dopaxe no fútbol sala.

* Estatutos da Real Federación Española de Fútbol Sala.

* Regulamento da Real Federación Española de Fútbol Sala.

-Liga Nacional de Fútbol Sala Profesional.

-Órganos federativos de xustiza.

-Clubs.

-Xogador de fútbol sala.

-Escola Nacional de Adestradores.

-Competicións españolas.

-Competicións internacionais.

-Fútbol sala feminino.

-Control antidopaxe.

Contidos actitudinais

* Actitude positiva na relación do adestrador co resto dos profesionais da actividade física.

* Interese pola formación permanente do adestrador de fútbol sala.

* Preocupación polas normativas relativas á dopaxe.

* Rigor na organización de actividades de promoción deportivas relacionados co fútbol sala.

3.3.2. Módulo formativo 8: dirección de equipos III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las variables psicolóxicas que poden afectar ó rendemento dos deportistas durante o adestramento e a competición.* Describi-las calidades psíquicas e da conducta que afectan ó rendemento deportivo no adestramento dos xogadores e na participación na competición.
* Describi-los métodos de intervención do adestrador para favorece-lo rendemento psicolóxico dos seus xogadores.

2Aplica-los sistemas de adestramento psicolóxico para reforza-la participación dos xogadores de fútbol sala en competicións de alto nivel.* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol sala de primeira categoría, efectuar correctamente a dirección do equipo na súa participación nun adestramento e nun partido de fútbol sala.

* Nun suposto práctico dun equipo de categoría nacional para un determinado período da competición, programa-lo adestramento das calidades psíquicas dos xogadores de fútbol sala.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 15 prácticas)

Contidos procedementais

* Establecemento de obxectivos para a mellora da capacidade de rendemento.

* Análise das variables psicolóxicas que interveñen no adestramento e na competición de fútbol sala.

* Avaliación dos aspectos psicolóxicos do adestramento.

* Preparación específica da competición de fútbol sala.

* Observación previa do equipo rival.

Contidos conceptuais

* Calidades psíquicas e da conducta que interveñen no adestramento e na competición de fútbol sala.

-Capacidade de rendemento. Disposición cara ó rendemento.

-Capacidade do carácter e da conducta.

-Capacidades psicoafectivas.

-Capacidades intelectuais.

-Capacidades sociais.

* Aspectos psicolóxicos do adestramento e da competición.

-Variables psicolóxicas que poden afecta-lo funcionamento dos deportistas durante o adestramento.

-Risco psicolóxico do adestramento.

-Efectos psicolóxicos do adestramento.

-Fatiga e esgotamento psicolóxicos.

* Dirección de equipos de fútbol sala de alto nivel.

-No adestramento.

-Na competición.

-Relacións do adestrador con outros estamentos do club.

* Preparación dos partidos de fútbol sala.

-Características da competición.

-Variables psicolóxicas que poden afecta-lo funcionamento dos deportistas durante a competición.

-Preparación específica das competicións.

Contidos actitudinais

* Valoración dos aspectos psicolóxicos e de conducta que interveñen no adestramento e na competición de fútbol sala.

* Respecto polos métodos de intervención do adestrador para favorece-lo rendemento psicolóxico dos seus xogadores na competición.

* Preocupación e rigor na preparación previa á competición deportiva.

3.3.3. Módulo formativo 9: metodoloxía do ensino e do adestramento de fútbol III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Realiza-la planificación do adestramento de fútbol sala en función dos obxectivos deportivos.* Nun suposto práctico dun determinado equipo de fútbol sala de características dadas, con participación nunha competición deportiva concreta, efectua-la planificación do adestramento nun período de tempo dunha tempada deportiva, compaxinando as vertentes técnica, táctica e psicolóxica, e o acondicionamento físico.
* Describi-los criterios para a coordinación das facetas técnica, táctica e física nun adestramento de fútbol sala de alto nivel.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

2Aplica-la metodoloxía para a avaliación dos programas de adestramento deportivo de alto nivel.* Describi-los criterios para avalia-la eficacia dun adestramento establecido.

* Trala dirección técnica do equipo nunha competición deportiva concreta, autoavalia-la actuación nunha sesión posterior.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Establecemento da aplicabilidade dos métodos de ensino ó adestramento de alto nivel.

* Vinculación do adestramento físico ó adestramento técnico e táctico.

* Aplicación das distintas avaliacións dos programas de adestramento e das competicións de fútbol sala do alto nivel.

Contidos conceptuais

* Modelos de planificación do adestramento e da participación nas competicións de fútbol sala.

* Metodoloxías de avaliación da eficacia do adestramento deportivo.

Contidos actitudinais

* Aceptación dos distintos modelos de planificación deportivos.

* Respecto polos criterios de avaliación dos programas de adestramento e competición de fútbol sala.

3.3.4. Módulo formativo 10: preparación física III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Aplica-los criterios de planificación e organización da preparación física de xogador de fútbol sala de alto nivel.* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol sala dunhas determinadas características de idade, rendemento deportivo e participación en competicións periódicas:-Elaborar e xustifica-la planificación da preparación física dunha tempada deportiva.
-Describir no tempo o plan de acción da tempada, determinando os obxectivos e os contidos dos ciclos para o acondicionamento físico dos xogadores de fútbol sala, tendo en conta os períodos de adestramento e a participación na competición.

2Aplica-los sistemas de control e seguimento da preparación física en xogadores de fútbol sala de alto nivel.* Describi-los criterios para o control do rendemento físico dos xogadores.

* Elixir unha metodoloxía para o seguimento do rendemento dos xogadores do equipo.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 25 prácticas)

Contidos procedementais

* Planificación da preparación física no fútbol sala nunha tempada deportiva.

* Análise das alteracións xurdidas na planificación da preparación física no fútbol sala.

* Deseño de sesións de adestramento de preparación física.

* Coordinación na organización do adestramento físico, técnico e táctico.

* Utilización dos sistemas de control do adestramento.

* Aplicación da metodoloxía de avaliación do acondicionamento físico en deportistas de alto rendemento.

* Determinación da metodoloxía de seguimento do rendemento dun xogador de fútbol sala.

* Análise dos distintos seguimentos realizados ós xogadores de fútbol sala para a mellora do rendemento deportivo.

Contidos conceptuais

* Planificación da preparación física no fútbol sala do alto nivel.

-Consideración xerais.

-Factores condicionantes.

-Alteracións da planificación.

* Programación do plan de acción da preparación física no fútbol sala.

-Ciclos plurianuais.

-Tempada.

-Ciclos dentro da planificación do acondicionamento físico.

-Sesión de adestramento.

* Organización do adestramento.

-Consideracións xerais.

-Requisitos físicos, técnicos e tácticos

* Control da preparación física.

-Consideracións xerais.

-Sistemas de control do adestramento.

-Metodoloxía da avaliación do acondicionamento físico en deportistas de alto rendemento.

* Seguimento do rendemento do xogador de fútbol sala.

-Seguimento fisiolóxico, médico e psicolóxico.

-Seguimento do adestramento.

-Seguimento da súa participación en competición.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola planificación e a preparación física dos xogadores de fútbol sala de alto nivel.

* Interese pola preparación física individual adaptada a cada xogador.

* Valoración da boa organización do adestramento para unha mellora no desenvolvemento deportivo individual e colectivo.

* Esforzo no seguimento e no control do xogador de fútbol sala de alto nivel.

3.3.5. Módulo formativo 11: regras de xogo III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las regras do xogo para o mellor aproveitamento táctico.* Nun suposto teórico dun equipo de fútbol sala de primeira categoría, nunha determinada participación en competición oficial, establecer e xustifica-la estratexia das accións atacantes e defensivas baseadas na utilización táctica das regras de xogo.
* Nun suposto práctico de observación dun partido de fútbol sala de dous equipos de primeira división, analiza-la utilización correcta do regulamento como elemento táctico.

2Determina-las diferencias entre o Regulamento da competición española e internación de fútbol sala.* Ante ilustracións de diferentes esquemas de xogo, identifica-la aplicación do regulamento e indica-las diferencias entre o regulamento internacional e as regras da competición do fútbol sala español.
* Nun suposto práctico de dous encontros de fútbol sala, un a nivel nacional e outro a nivel internacional, enumera-las diferencias detectadas entre os dous encontros a nivel de regulamento.

3Identifica-las instruccións especiais do Regulamento de fútbol sala.* Enumera-las instruccións especiais que se establecen no Regulamento do fútbol sala.

* Identificar e numera-las instruccións especiais dadas nun partido de fútbol sala.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Aplicación das regras de xogo para unha mellora do aproveitamento táctico.

* Análise da utilización táctica das regras de xogo.

* Descrición do Regulamento de fútbol sala.

* Determinación das instruccións especiais do Regulamento de fútbol sala da FIFA.

Contidos conceptuais

* Regras do xogo.

* Regulamento da FIFA.

* Instruccións especiais do regulamento.

Contidos actitudinais

* Preocupación polas idealizacións axeitadas dos regulamentos.

* Interese polo coñecemento das instruccións especiais do Regulamento da FIFA.

3.3.6. Módulo formativo 12: seguridade deportiva II.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las lesións máis frecuentes no fútbol sala de alta competición.* Describi-las lesións e os traumatismos máis habituais no fútbol sala de alto nivel en relación ás causas que os producen, así como a súa prevención, os síntomas que presentan, as normas de actuación, os factores que as predispoñen, etc.
* Describi-la actuación do adestrador na recuperación das lesións máis frecuentes no fútbol sala.
* Programar e executar un quecemento que axude a previ-las lesións máis frecuentes de fútbol sala de alto nivel.

2Describi-las medidas de seguridade aplicables ó adestramento dos xogadores de fútbol sala de alto nivel.* Describi-las condicións de seguridade para o adestramento de fútbol sala.

* Analiza-las condicións de seguridade mínima dunha instalación para a práctica do fútbol sala.

Contidos (duración: 5 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Prevención das lesións máis frecuentes no fútbol sala de alto nivel.

* Recuperación de lesións no fútbol sala de alto nivel.

* Participación dos adestradores na recuperación de lesións máis frecuentes do fútbol sala.

* Aplicación dun quecemento para previ-las posibles lesións.

* Establecemento das condicións óptimas de seguridade nos adestramentos e na competición de alto nivel.

Contidos conceptuais

* Lesións máis frecuentes no fútbol sala de alto nivel.

-Mecanismo de producción.

-Efecto do quecemento na prevención das lesións.

* Condicións de seguridade na práctica do adestramento de fútbol sala.

Contidos actitudinais

* Interese pola prevención das lesións máis frecuentes no fútbol sala de alto nivel.

* Esforzo e colaboración na aplicación das condiciones idóneas no que respecta á seguridade na práctica do fútbol sala no adestramento e na competición.

* Valoración do quecemento como medio de prevención do risco de lesións deportivas.

3.3.7. Módulo formativo 13: tácticas e sistemas de xogo III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol sala en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Describi-los fundamentos da táctica do fútbol sala de alto nivel.* Analiza-la organización do xogo, o equilibrio entre ataque e defensa e a superioridade numérica nun equpo de división de honor.

2Analiza-las diferentes accións tácticas e a súa aplicación ó fútbol sala de alto nivel.* Nun suposto dun equipo da liga española de fútbol sala de características dadas, na súa participación nunha competición de fútbol sala determinada contra un equipo cun sistema de xogo definido:-Establecer e xustifica-la táctica para empregar.-Determinar e xustifica-las principais accións tácticas en ataque e en defensa.

3Analiza-los diferentes sistemas de xogo e a súa aplicación ó fútbol sala de alto nivel.* Describi-los distintos sistemas de xogo empregados no fútbol sala de alto nivel moderno, caracterizalos e establece-lo papel dos xogadores en cada un dos sistemas.
* Describi-los distintos sistemas de xogo empregados no fútbol sala de alto nivel moderno e comparalos obxectivamente en razón da súa aplicabilidade ás distintas condicións do xogo.
* Explica-los sistemas de xogo, caracteriza-las súas diferencias e indica-lo papel de cada un dos xogadores en razón das súas accións tácticas.
* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol sala que participe nunha competición concreta contra un equipo cun sistema de xogo determinado:-Xustifica-la organización do xogo ofensivo e defensivo.
-Defini-lo sistema de xogo para empregar.
* Describi-las variantes dos sistemas de xogo máis empregados no fútbol sala moderno de alto nivel.

4Aplica-la metodoloxía da planificación do adestramento táctico do fútbol sala para a súa práctica de alto nivel.* Determina-los criterios para a planificación do adestramento na táctica.

* Para un equipo de división de honra, realizar unha planificación do adestramento na táctica en función dos obxectivos deportivos establecidos, e vincular esta táctica á planificación do adestramento da técnica e da preparación física.

* Empregar unha metodoloxía da avaliación do adestramento táctico en equipos de alto nivel.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 55 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise organizativa do xogo de fútbol sala de alto nivel.

* Aplicación dos exercicios da transición da defensa ó ataque.

* Determinación dos exercicios de aplicación dos sistemas de ataque contra defensas organizadas.

* Organización e análise dos diferentes sistemas de xogo.

* Emprego dos diferentes sistemas de xogo aplicables ó fútbol sala.

* Planificación anual do adestramento táctico.

* Dirección e organización táctica do equipo.

* Control do adestramento e análise do equipo.

Contidos conceptuais

* Táctica no fútbol sala de alto nivel.

-Organización do xogo.

-Equilibrio entre ataque e defensa.

-Imposición da superioridade numérica.

* Transición da defensa ó ataque.

-Saída rápida.

-Formulación e despregamento.

-Situacións propicias.

-Contraataque desde diversas zonas da pista.

* Sistemas de ataque contra defensas organizadas.

-Contra defensa en zonas.

-Contra defensa individual.

-Contra defensa individual vixiante e accións de presión.

-Contra defensa con presión.

* Sistemas de xogo.

-Sistema 1-2-2.

-Sistema 1-2-1-1.

-Sistema 1-1-2-1.

-Sistema 1-1-1-2.

-Sistema 1-3-1.

-Sistema 1-1-3.

* Adestramento do porteiro en accións ofensivas, defensivas e estratéxicas.

* A dirección táctica do equipo.

-O adestrador no partido.

-Concentracións dos xogadores.

Contidos actitudinais

* Valoración da evolución dos sistemas de xogo ó longo da historia do fútbol sala de alto nivel.

* Preocupación polo coñecemento da metodoloxía da planificación do adestramento táctico.

* Interese polos sistemas de control do adestramento táctico.

3.3.8. Módulo formativo 14: técnica individual e colectiva III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol sala.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Describi-la evolución histórica do fútbol sala.* Establece-la evolución histórica do fútbol sala en Galicia, en España e en Europa facendo fincapé nas diferencias fundamentais.

* Analiza-los feitos históricos máis relevantes na evolución do fútbol sala.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

2Analiza-los xestos e as accións técnicas dos xogadores de fútbol sala de alto nivel.* Empregando imaxes de xogadores de fútbol sala de equipos de primeira división, detecta-los erros de execución técnica, explica-las causas e propor exercicios para a mellora técnica.
* Ante un determinado xesto técnico dun porteiro de fútbol sala:-Realiza-la súa análise.
-Propor unha serie de exercicios específicos para o adestramento do xesto técnico.
* Establece-las series completas de exercicios para a mellora das diversas accións técnicas.

3Emprega-los sistemas avanzados no adestramento dos xestos técnicos individuais dos xogadores de fútbol sala de alto nivel.* Nun suposto práctico dun determinado equipo de fútbol sala de primeira división, deseñar e aplicar unha serie de sesións de adestramento de accións técnicas, así como os obxectivos, os contidos e os criterios para a avaliación, determinación en tódolos casos o adestramento das accións individuais, accións con compañeiro, accións en grupos e accións en equipo.
* Describi-lo adestramento da velocidade do xogador con balón, as diferentes procedencias e traxectorias do balón e a dificultade na posición, nun suposto práctico dun determinado equipo nunha competición.
* Aplica-los criterios para avalia-la progresión dos deportistas na aprendizaxe da técnica.
* En función de obxectivos propostos, desenvolver diferentes exercicios para o adestramento técnico dun porteiro de fútbol sala.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 55 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise dos fundamentos do fútbol sala.

* Análise dos distintos xestos técnicos.

* Aplicación dos exercicios para o adestramento nos distintos xestos e nas accións técnicas individuais.

* Adestramento nas acción técnicas colectivas.

* Utilización dos métodos máis axeitados de adestramento na técnica.

* Aplicación dos procedementos de aprendizaxe no adestramento na técnica: exercicios de asimilación, competitivos e de aprendizaxe avanzada.

* Prácticas das accións técnicas específicas no adestramento.

-Actividades individuais.

-Actividades con compañeiro.

-Actividades en grupo.

-Actividades en equipo.

* Aplicación dos exercicios para as accións técnicas en dificultade.

-Con velocidade do xogador.

-Con velocidade do balón.

-Con dificultade do balón.

-Coa dificultade da oposición.

* Clasificación das fases da organización técnica do xogo.

-Iniciación.

-Creación.

-Continuidade.

-Finalización.

Contidos conceptuais

* Historia do fútbol sala.

* Fundamentos de fútbol sala.

-Presión.

-Tempo.

-Espacio.

* Accións técnicas.

-Control, habilidade e destreza.

-Accións de combinación.

-Despexe.

-Desvíos.

-Entrada.

-Bloqueo co pé contra a pelota (tacle).

-Carga.

-Presión.

-Exercicios para o adestramento nas accións técnicas.

* Técnica colectiva.

-Pase: fundamentos, esixencias ó posuidor e ó solicitante do balón, accións de combinación e exercicios de adestramento.

-Accións de combinación en ataque e en defensa.

-Saques: aspecto defensivo e ofensivo, estratexia e exercicios para o adestramento.

* Adestramento na técnica.

-Consideracións.

-Métodos de adestramento na técnica: métodos xerais para o adestramento nas accións técnicas e métodos para o adestramento específico en cada acción técnica.

-Procedementos de aprendizaxe: exercicios de asimilación, aprendizaxe avanzada e exercicios competitivos.

* Accións técnicas do porteiro.

-Consideracións sobre as accións técnicas.

-Accións aconsellables.

-Intervencións non aconsellables.

-Posición ante un ataque rival.

-Adestramento específico do porteiro: balóns polo chan, balóns a media altura e balóns altos.

-Diversas procedencias do balón: tiro á porta, centro, córner, chegada un contra un, pase cara a atrás, saída

a balón polo chan, saída a balón alto e saída fóra da área.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación do adestramento na técnica.

* Esforzo na realización e na aprendizaxe das accións técnicas en dificultade.

* Actitude positiva para a realización dos exercicios de mellora das diversas accións técnicas.

* Valoración das consideracións especiais sobre as accións técnicas específicas do porteiro de fútbol sala.

3.4. Bloque complementario.

3.4.1. Módulo formativo complementario: información e comunicación.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Empregar soportes multimedia para o ensino e o adestramento da especialidade deportiva.* Nun suposto dado, utiliza-los recursos multimedia que corresponda.

* Presentar un esquema defensivo utilizando as novas tecnoloxías (texto, son, imaxe, etc.).

2Utilizar internet como medio de recollida de información especifica da especialidade deportiva.* Elaborar unha base de datos específicos relacionados coa especialidade deportiva de fútbol.

* Utilizar unha base de datos como mellora da formación do técnico deportivo.

Contidos (duración: 25 horas)

Contidos procedementais

* Exposición de contidos.

* Navegación por internet a través de páxinas web.

* Utilización do correo electrónico.

* Utilización da Internet na especialidade deportiva.

Contidos conceptuais

* Soportes e recursos dos métodos multimedia.

* Internet.

Contidos actitudinais

* Valoración do emprego de soportes multimedia para o ensino e o adestramento do fútbol.

* Preocupación pola incorporación das novas tecnoloxías na disciplina deportiva do fútbol.

3.4.2. Módulo formativo complementario: lingua estranxeira (inglés).

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Comunicarse oralmente e por escrito cun interlocutor en lingua estranxeira, transmitindo a información necesaria para levar a cabo as accións oportunas.* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.
* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

2Redactar e/ou cubrir documentos e informes propios do ámbito deportivo en lingua estranxeira, con corrección, precisión e coherencia, solicitando ou facilitando unha información de tipo xeral ou detallada.* Traducir detalladamente a lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais adecuados á normativa e ó protocolo de cada país, relacionadas coas operacións do contorno profesional.

Contidos (duración: 50 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral.

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual e icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira.

-Selección e baldeirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

Comunicación escrita.

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, as expresións e os formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais.

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral.

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticos no ámbito socio-profesional.

* Fórmulas básicas de interacción socio-profesional.

* Estratexias.

* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos, etc.

Comunicación escrita.

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación e normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Proporciónar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional: fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais.

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral.

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación do vocabulario, as expresións idiomáticas e os formulismos que

se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polos nosos interlocutores.

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e na producción de mensaxes.

Comunicación escrita.

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, na producción e na revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou complementa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese pola introducción de novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

3.5. Bloque de formación práctica.

3.5.1. Módulo formativo: módulo de formación práctica.

Capacidades terminais e actividades formativas

de referencia

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Concreta-la programación e dirixi-lo adestramento das xogadores e dos equipos de fútbol sala e a súa participación en competicións de medio e alto nivel.* Análise da concreción das actividades que se poden planear para a consecución do obxectivo deportivo.

* Valoración das características dos futbolistas e as súas capacidades.

* Descrición do sistema táctico máis axeitado para os enfrontamentos cos rivais.

2Programar e dirixi-lo acondicionamento físico de xogadores de fútbol sala.* Seguimento físico dos deportistas a nivel individual e colectivo.

* Verificación do rendemento físico dos deportistas e dos equipos en colaboración con outros especialistas.

3Programar e dirixi-lo ensino deportivo do fútbol sala.* Planificación do ensino do fútbol sala.

* Planificación do sistema avaliativo do equipo e dos xogadores trala competición.

4Programar e coordina-la actividade dos técnicos deportivos de nivel inferior ó seu.* Seguimento e control das actividades desenvolvidas polos técnicos deportivos de fútbol sala.

* Valoración da posta en práctica das tarefas programadas.

5Dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol sala.* Xestión e administración da sección, a escola ou o departamento.

* Solución rápida de imprevistos.

* Identificación da regulamentación do departamento, da escola ou da sección de fútbol sala.

6Comportarse de xeito autónomo co grupo de traballo e integrarse no equipo do club da entidade e da federación.* Participación en actividades complementarias respectando as características e as normas propias de cada entidade.

* Planificación de actividades deportivas ligadas ó desenvolvemento do fútbol sala.

Duración: 200 horas

Desenvolvemento das sesións

Baixo a supervisión do titor asignado e co equipo ou grupo, o período total de formación práctica distribuirase do seguinte xeito:

* Sesións de adestramento de fútbol sala, un 25 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de acondicionamento físico de futbolistas, un 10 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesión de dirección de equipos, un 20 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e dirección de ensinanzas deportivas do fútbol sala, un 20 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e coordinación de técnicos deportivos de nivel inferior, un 15 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de dirección dunha escola de fútbol sala, un 10 por 100 do total do tempo do bloque de formación práctica.

As sesións formativas desenvolveranse en tres fases: observación, colaboración e actuación supervisada. Ó termo das fases o alumno redactará a memoria correspondente a cada sesión.

3.6. Bloque de proxecto final.

3.6.1. Módulo formativo: proxecto final.

Duración: 75 horas.

3.6.2. Obxectivo.

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o alumno asimilou e é capaz de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante o proceso formativo e, en consecuencia, de desempeñar unha actividade profesional no campo propio de técnico deportivo superior en fútbol sala.

3.6.3. Estructura.

O proxecto final será elaborado polo alumno de acordo coa seguinte estructura:

* Introducción, que establecerá os obxectivos do traballo, a súa relación con outros traballos precedentes, de os haber, e o seu enfoque xeral.

* Núcleo do proxecto.

* Referencias bibliográficas e iconográficas utilizadas para a elaboración do traballo.

3.6.4. Contidos do proxecto.

O proxecto final consistirá na concepción e na elaboración dun traballo monográfico, que versará sobre algún dos aspectos da súa formación:

* Adestramento de xogadores e equipos de fútbol.

* Dirección técnica de equipos de xogadores de fútbol.

* Acondicionamento físico de xogadores de fútbol.

* Dirección de técnicos deportivos.

* Dirección de escolas de fútbol.

* Ensino do fútbol.

3.6.5. Avaliación.

O proxecto final será cualificado seguindo a escala numérica dun a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, e negativas as restantes.

Valorarase, no proxecto:

* Realización dun traballo orixinal.

* Utilización dunha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

* Presentación e estructuración correcta do proxecto.

* Pertinencia e viabilidade do proxecto.

* Realización dunha completa revisión bibliográfica.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Acceso ás ensinanzas.

4.1.1. Requisitos de acceso e promoción.

Para o acceso ó grao superior das ensinanzas de fútbol sala requirirase:

* Posuí-lo título de bacharelato ou equivalente para afectos académicos.

* Dispor do título de técnico deportivo de fútbol sala.

* Acreditar experiencia como adestrador titular nalgunhas das condicións que de seguido se especifican:

-Dúas tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións de terceira división ou de categoría rexional preferente.

-Tres tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións de categoría rexional ordinaria ou na liga nacional xuvenil.

-Catro tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións nas categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín ou benxamín.

A experiencia deportiva acreditarase mediante o certificado expedido, segundo o caso, pola Real Fede

ración Española de Fútbol ou pola federación autonómica de fútbol correspondente.

As competicións terán que ser promovidas pola Real Federación Española de Fútbol ou polas federacións autonómicas de fútbol.

Unha tempada considerarase completada cando o técnico deportivo, en calquera das dúas especialidades de fútbol, realizara as súas funcións durante un período mínimo de seis meses ou, de se-lo caso, 183 días.

4.1.2. Requisitos de acceso para persoas en circunstancias especiais.

Acceso sen o título de bacharelato:

* Será posible acceder ás ensinanzas sen cumpri-lo requisito de titulación de bacharelato, sempre que o aspirante reúna as condicións de ter cumpridos 20 anos e demostra-la madureza en relación ós obxectivos formativos do bacharelato, tanto intelectual -acreditada a través do domino das capacidades lingüísticas-, como de razoamento e de coñecementos fundamentais.

* A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará no ámbito da súa competencia as probas ás que se refire o punto anterior.

Acceso dos deportistas de alto nivel:

Para a exención de requisitos de acceso para os deportistas de alto nivel:

* De conformidade co artigo 53 da Lei 10/1990, estarán exentos dos requisitos deportivos os deportistas de alto nivel que reúnan os requisitos de carácter xeral para acceso ás ensinanzas deportivas ou ben que superen as probas de acceso que se establecen para as persoas que non posúen a titulación de bacharelato.

* A duración deste beneficio estenderase ós 5 anos seguintes á perda da condición de deportista de alto nivel, excepto se esta se produce como consecuencia do disposto no artigo 16, parágrafos b), c) e d), do Real decreto 1467/1997, sobre deportistas de alto nivel.

Probas de acceso adaptadas ós que acrediten discapacidades:

* As solicitudes de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol sala de persoas discapacitadas deberanse acompañar do correspondente certificado de minusvalidez expedido polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

* Co obxectivo de garanti-la eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá un tribunal que avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que leva implícitas para cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de se-lo caso, adaptará os requisitos das probas de madureza que deban supera-los aspirantes.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos das ensinanzas deportivas en centros sostidos con fondos públicos.

Módulo de formaciónEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Biomecánica deportiva.Educación física.Profesor de ensino secundario.

2Adestramento de alto rendemento deportivo.Educación física.Profesor de ensino secundario.

3Fisioloxía do esforzo.Bioloxía e xeoloxía.

Procesos sanitarios.

Procesos de diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

4Xestión do deporte.Administración de empresas.

Economía.

Formación e orientación laboral.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

5Psicoloxía do alto rendemento deportivo.Psicoloxía e pedagoxía.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

6Socioloxía do deporte de alto rendemento.Educación física.Profesor de ensino secundario.

7Desenvolvemento profesional.Profesor especialista.Profesor especialista.

8Dirección de equipos.Profesor especialista.Profesor especialista.

9Metodoloxía do ensino e adestramento do fútbol sala.Profesor especialista.Profesor especialista.

10Preparación física específica.Profesor especialista.Profesor especialista.

11Regras do xogo.Profesor especialista.Profesor especialista.

12Seguridade deportiva.Profesor especialista.Profesor especialista.

13Táctica e sistemas de xogo.Profesor especialista.Profesor especialista.

14Técnica individual e colectiva.Profesor especialista.Profesor especialista.

15Terminoloxía en lingua estranxeira, máis frecuente nas ciencias da especialidade e nas ciencias do deporte.Educación física.Profesor de ensino secundario.

16Procesadores de textos, bases de datos e multimedia.Informática.Profesor de ensino secundario.

17Práctica deportiva realizada con discapacitados.Educación física.Profesor de ensino secundario.

4.2.2. Requisitos de titulación que acreditan o profesorado para imparti-los módulos destas ensinanzas.

Módulo de formaciónTitulación do profesorado

Biomecánica deportiva.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Calquera outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias experimentais e da saúde ou da área das ensinanzas técnicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Adestramento de alto rendemento deportivo.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Fisioloxía do esforzo.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en medicina.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias experimentais e da saúde, e acredita-la formación suficiente na materia.

Xestión do deporte.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en economía.

Licenciado en ciencias empresariais.

Licenciado en dereito.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de humanidades ou da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Módulo de formaciónTitulación do profesorado

Psicoloxía do alto rendemento deportivo.Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Socioloxía do deporte de alto rendemento.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en socioloxía.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Desenvolvemento profesional.Licenciado en economía.

Licenciados en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en dereito.

Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Dirección de equipos.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en psicoloxía.

Metodoloxía do ensino e do adestramento da especialidade deportiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Preparación física.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Regras de xogo.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Seguridade deportiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Táctica e sistemas de xogo.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Técnica individual e colectiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Terminoloxía en lingua estranxeira frecuente nas ciencias da especialidade e nas ciencias do deporte.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Procesadores de texto, bases de datos e multimedia.Enxeñeiro en informática ou calquera titulación universitaria de ciclo longo da área das ensinanzas técnicas, e acredita-la formación práctica correspondente.

Práctica deportiva realizada con discapacitados.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

4.2.3. Equivalencias de titulación para efectos de docencia.

Para a impartición dos módulos de formación que de seguido se determinan, establécense as seguintes equivalencias para efectos de docencia:

Módulo formativoTitulación do profesorado

Desenvolvemento profesional.Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en turismo.

Xestión do deporte.Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en turismo.

4.2.4. Equivalencias de titulacións para o seguimento do bloque de formación práctica.

Para realiza-lo seguimento do bloque de formación práctica, considérase equivalente para efectos de docencia o diploma de adestrador nacional de fútbol expedido pola Real Federación Española de Fútbol, recollido segundo o previsto no artigo 42.2º do Real decreto 1913/1997.

4.2.5. Habilitación docente a expertos e especialistas.

O Ministerio de Educación e Cultura, por proposta do Consello Superior de Deportes e de acordo coas comunidades autónomas que se atopan en pleno exercicio das súas competencias educativas, establecerá as condicións que teñen que reuni-los deportistas con méritos sobresalientes a nivel internacional e as persoas nas que concorran méritos deportivos con prestixio recoñecido e experiencia profesional que asegure, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño da súa función docente, para os efectos de obter habilitación para imparti-las ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan no presente decreto.

Mediante a devandita habilitación docente, obterase a condición de profesor especialista para imparti-la docencia do módulo correspondente.

4.3. Requisitos materiais dos centros de formación dos técnicos da especialidade de fútbol sala.

4.3.1. Espacios de uso administrativo e docente xenérico.

* Sala de uso múltiple para o desenvolvemento das actividades comúns do centro, con capacidade suficiente para o número de prazas autorizadas.

* Cada unha das especialidades deportivas que se pretenda impartir deberá dispor dunha unidade de seminario en horario compatible.

* Servicios e fondos que garantan a consulta de libros, revistas e documentos en soporte audiovisual das especialidades de fútbol.

* Espacios independentes para os órganos de goberno e os servicios administrativos do centro, secretaría e sala de profesores, todo isto axeitado á capacidade do centro.

* Aseos e servicios hixiénico-sanitarios en número axeitado á capacidade do centro, tanto para alumnos como para profesores, en función do que dispoña a lexislación que en cada caso sexa aplicable.

* Dependencias para a almacenaxe de material, axeitadas ás necesidades do centro.

* Zona de vestiarios axeitada á capacidade do centro, en función do que dispoña a lexislación que en cada caso sexa aplicable.

Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3.2. Requisitos de instalacións e equipamentos docentes deportivos.

* Os centros de formación de técnicos deportivos das especialidades de fútbol sala disporán do espacio suficiente e do equipamento docente necesario nas

súas aulas, para atende-los alumnos inscritos en cada nivel e grao de formación da correspondente especialidade.

* A superficie da aula onde se desenvolven as clases teóricas terá polo menos 40 metros cadrados, ou 1,5 metros cadrados por alumno.

* Os centros disporán dunha sala deportiva polivalente debidamente equipada para a impartición dos contidos teórico-prácticos dos distintos módulos. As dimensións deberán ser suficientes para atender simultaneamente ós alumnos inscritos nun módulo de formación determinada, respectando o número máximo de alumnos por profesor.

* As instalacións estarán dotadas da moblaxe e do equipamento didáctico de uso colectivo suficiente para impartir con garantías de calidade estas ensinanzas.

* Os centros disporán de medios audiovisuais que garantan a impartición correcta das ensinanzas destes técnicos deportivos.

* Os centros de formación dos técnicos deportivos de fútbol sala, para a impartición das clases teórico-prácticas, terán que acredita-la disposición de acceso ás instalacións seguintes:

-Un campo de fútbol sala de medidas regulamentarias e dotado de porterías.

-Dous campos de fútbol sala de medidas reducidas dotados de porterías.

* Os centros deberán contar cun mínimo de cinco manequíns de recuperación cardiopulmonar.

As ensinanzas deportivas de réxime especial conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo (superior) na modalidade de fútbol nas especialidades de fútbol sala requiren dos seguintes espacios cos seguintes graos de utilización.

Superficie e grao de utilización de espacios e instalacións:

Espacio formativo

Superficie

(22 alumnos)

Grao de

utilización

Aula40 m ou 1,5 m por alumno55%
Sala deportiva polivalenteSegundo a normativa vixente10%
Campo de fútbol salaMedidas regulamentarias25%
Campo de fútbol salaMedidas reducidas10%

O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio previsto para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total das ensinanzas.

4.3.3. Requisitos de seguridade e responsabilidade.

En relación ós requisitos de seguridade e responsabilidade, os centros deberán dispor de:

* Servicio medico ou, de se-lo caso, un concerto de asistencia médica de urxencia.

* Plan de evacuación de enfermos e accidentados.

* Seguro que cubra a reponsabilidade civil que puidese ser reclamada ó centro, en razón da súa propia actividade.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a outros estudios.

4.4.1. Validación do bloque común.

A superación do bloque común do grao superior de calquera das modalidades ou especialidades das ensinanzas ás que se refire o Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, terá validez para as ensinanzas do grao superior da especialidade de fútbol sala.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva de alto nivel (Real decreto 1467/1997, do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel).

A práctica dos deportistas que tivesen a consideración de alto nivel nas especialidades de fútbol sala, poderán ser obxecto de correspondencia formativa cos módulos de técnica individual e colectiva na especialidade de fútbol na que tiveran a referida consideración.

* Técnica individual e colectiva III.

4.4.3. Acceso a outros estudios.

* Os títulos de técnico deportivo superior en fútbol sala darán acceso ós seguintes estudios universitarios:

-Mestre (tódalas especialidades).

-Diplomado en educación social

-Diplomado en fisioterapia.

-Diplomado en terapia ocupacional.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en enfermería.

-Diplomado en empresas e actividades turísticas.

-Diplomado en turismo.

-Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

4.5. Criterios xerais para o desenvolvemento e a avaliación das ensinanzas.

* O ensino e a avaliación da aprendizaxe do alumno realizarase por módulos, considerando as capacidades terminais e os criterios de avaliación establecidos no currículo para cada módulo, así como a madureza académica do alumno en relación coa competencia xeral que se establece no perfil profesional das ensinanzas.

* A formación práctica desenvolverase en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así coma no marco de programas de intercambio internacional. A avaliación do módulo de formación práctica realizaraa o titor correspondente e só se concederá a cualificación de apto ou non apto.

Para acada-la cualificación de apto os alumnos terán que:

-Asistir como mínimo ó 80% das horas establecidas para cada unha das fases.

-Acada-las capacidades terminais asociadas ás sesións formativas.

-Presentar correctamente unha memoria estructurada nos apartados seguintes:

-Descrición da estructura e do funcionamento do centro, das instalacións e dos espacios en que se realizan as prácticas, do grupo ou grupos, así como o período en que se desenvolven.

-Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

-Informes de autoavaliación das prácticas.

-Informe de avaliación do titor.

* O proxecto final elaborarase de acordo coas características e os procedementos de elaboración que se establecen no módulo de proxecto final. O proxecto avaliarase despois de ter superado tódolos bloques do proceso formativo e a formación práctica. A súa realización non requirirá da escolarización do alumno; sen embargo, o centro facilitará o emprego da bibliografía e os medios necesarios para completa-lo proxecto con éxito. A avaliación do módulo de proxecto final farase segundo a escala numérica de un a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, e negativas as restantes.

4.6. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Bloque común:

Horas teóricasHoras prácticasDenominación dos módulos

1010Biomecánica deportiva

2020Adestramento de alto rendemento deportivo

2010Fisioloxía do esforzo

305Xestión do deporte

105Psicoloxía de alto rendemento deportivo

10-Socioloxía do deporte de alto rendemento

Bloque específico:

Horas teóricasHoras prácticasDenominación dos módulos

3010Desenvolvemento profesional III

1515Dirección de equipos III

1510Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol sala III

2025Preparación física III

155Regras de xogo III

55Seguridade deportiva II

1555Tácticas e sistemas de xogo III

1555Técnica individual e colectiva III

Bloque complementario

Módulo formativo de información e comunicación. 25 horas.

Módulo formativo de lingua estranxeira (inglés). 50 horas.

Módulo de formación práctica

200 horas prácticas.

Módulo de proxecto final

75 horas.

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 20, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.