Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO de notificación da resolución dictada no expediente sancionador DH.D15.15838.

En data do 3 de abril de 2003, o presidente de Augas de Galicia dictou resolución no expediente DH.D15.15838, pola que se declara responsable a Grupo Gaper-I, S.A. da comisión dunha infracción administrativa de carácter menos grave, tipificada nos artigos 116 f) do texto refundido da Lei de augas e 316 g) do Regulamento do dominio público hidráulico, impoñendo unha sanción de 6.010,13 euros, e requirindo o interesado para que no prazo de dous meses proceda á impermeabilización dos seus depósitos de almacenamento de zurros.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recibo no domicilio que consta no expediente, foi retornada polos servicios de correos; tampouco foi posible a notificación persoal no devandito domicilio. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a devandita resolución ó interesado, facéndolle saber que unha copia dela, xunto co impreso para o pagamento da sanción imposta, se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, Santiago de Compostela); que contra ela pode interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; e que, no caso de non pagamento da sanción sen interposición do recurso, se procederá á súa exacción pola vía de

constrinximento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

Antonio N. López Grueiro

Xefe da Área de Vertidos